O titular da administración asegura “os concellos van ter a garantía absoluta non só de que van poder seguir prestando estes servizos, senón tamén de que se van a poder pagar as nóminas”
A DEPUTACIÓN DESTINARÁ ESTE ANO 2,3 MILLÓNS DE EUROS Ó FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES
· A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio tipo que asinará proximamente cos concellos da provincia
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno convenio tipo que asinará proximamente cos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para o financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais. Así o informaron hoxe o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada provincial, Marta Iglesias, que explicaron que a entidade provincial destinará a esta iniciativa unha dotación orzamentaria de 2,3 millóns de euros.
Louzán comentou que a Xunta de Galicia era a entidade que ata o de agora prestaba este servizo, non obstante, a partir do presente ano 2012 será a propia Deputación de Pontevedra a encargada de asumilo, en virtude dun convenio asinado coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e que ten como base a aprobación do Decreto 99/2012 de 16 de marzo, que regula o financiamento dos servizos sociais.
Con este acordo, “os concellos van ter a garantía absoluta non só de que van poder seguir prestando estes servizos, senón tamén de que se van a poder pagar as nóminas e de que imos poñer todos os medios ao noso alcance para facelo da mellor maneira posible”.
Louzán e Iglesias explicaron asemade que a Deputación “está a facer un esforzo económico importante porque o que nos pedía a Xunta de Galicia era un investimento de 1,2 millóns de euros, pero despois de manter contactos cos alcaldes, así como de estudar as necesidades polas que están pasando familias ou entidades locais con poucos recursos, decidimos dotar este convenio con 1,2 millóns de euros a maiores ata chegar ós preto de 2,3 millóns”. Na provincia de Pontevedra existen 53 concellos menores de 20.000 habitantes cunha poboación de 397.529 habitantes.
Con este convenio, a Deputación financiará o servizo de Axuda no Fogar na modalidade de prestación básica. Tamén asumirá o financiamento do persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís complementarios ós do traballador social, e a contratación de persoal dos centros de servizos sociais comunitarios específicos das mesmas corporacións. Pola súa banda
Este convenio abre as portas dunha nova colaboración directa da Deputación cos concellos medianos e pequenos nunha materia de máximo interese e das que máis preocupan aos alcaldes/esas como son os servizos sociais, a atención aos veciños e veciñas que máis o precisan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario