- A deputada popular Emma Alvarez explicou hoxe a iniciativa nunha xornada organizada pola Federación Galega de Vehículos Todoterreo celebrada en Barro (Pontevedra)
Santiago de Compostela , 25 de agosto de 2012.- A voceira de Montes do PPdeG Emma Álvarez Chao participou hoxe en Barro nunha xornada onde anunciou que o Grupo Popular solicitou no Parlamento a regulación do aceso motorizado ao monte cando así o plantexe a propiedade a través dunha orde que desenvolvería a Lei 7/2012 de Montes de Galicia e que se publicaría antes de rematar o ano 2012. Álvarez Chao recalcou, en todo caso, que circular polo monte fora das vías e pistas está prohibido e o que se pretende é que poidan existir zonas, adecuadamente contempladas nos instrumentos de ordenación e xestión, nos que o uso deportivo este contemplado como un aproveitamento do mesmo, cando o plantexe a propiedade.
Na charla organizada pola Federación Galega de Vehículos Todoterreo e o clube local Traczión Catro, Emma Álvarez, que foi presentada polo membro do PP de Barro, Faustino Batallán, incidiu en que a lei galega recoñece o tránsito motorizado como un servizo máis do monte e impulsa esta actividade cara a valorización integral do mesmo. Na iniciativa popular explicou que se solicita outorgar a autorización de actos ou actividades no monte concedidos pola Administración e regulados na orde a cambio dunha prestación medioambiental que redunde no beneficio do medio natural, da paisaxe e no mantemento e protección das vías polas que se transite.
Dentro dos contidos da nova orde tamén se disporá, segundo Emma Álvarez Chao, regular as actividades relacionadas co tránsito no monte de vehículos todoterreo e das motos a través dun permiso de vixencia anual expedido polas asociación, clubs ou motoclubs que teñan previamente autorizada a actividade no monte pola Administración.
Así mesmo a deputada popular explicou que o PPdeG solicita considerar as asociacións, clubs e motoclubs, previa solicitude, como “voluntariado do monte” aos efectos de detección de incendios e, en caso de solicitalo a dirección de extinción, para a información do estado viario dos montes.
Na charla a voceira de Montes popular indicou na Lei de Montes aprobada recentemente se ordenan as actividades de tránsito polo monte asegurándose que estea contido no instrumento de xestión forestal como un servizo máis do monte e no caso de non estalo que fora autorizado pola administración forestal co requirimento de autorización expresa do titular.
Por outra banda e xa no coloquio entre os asistentes, o membro do PP local, que participou activamente na recollida de suxestións que fixeron os clubes de 4x4 de Galicia no transcurso da tramitación parlamentaria da Lei de Montes, invitou aos presentes a colaborar activamente no desenrolo desta iniciativa aportando ideas, que a deputada Álvarez Chao, trasladará á administración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario