A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OFRECE TRES CURSOS DE FORMACIÓN BÁSICA GRATUÍTA PARA PERSOAS DESEMPREGADAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 12 de septiembre de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OFRECE TRES CURSOS DE FORMACIÓN BÁSICA GRATUÍTA PARA PERSOAS DESEMPREGADAS





A formación estará dirixida a completar as competencias clave en lingua galega, lingua castelá e matemáticas

 A Deputación de Pontevedra ofrece tres cursos dirixidos a completar a formación básica para a obtención das competencias clave en comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá e matemáticas. A iniciativa está dirixida a persoas da provincia de Pontevedra,  en situación actual de desemprego e capacitadas para traballar, que desexen adquirir os coñecementos básicos para poder acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2. As clases comezarán o vindeiro luns 18 de setembro.
A formación, que será totalmente gratuíta, terá unha carga lectiva de 120 horas no caso das clases de lingua castelá e de matemáticas, e de 25 horas no caso do curso de lingua galega. Os cursos impartiranse no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Para máis información, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa Deputación de Pontevedra a través do número de teléfono 986 804 100, extensión 40712. O prazo de inscrición remata o próximo o 13 de setembro ás 14:30 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario