A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE COMEZA A PRIMEIRA FASE DA CAMPAÑA EN CENTROS DOCENTES UNIVERSITARIOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 30 de septiembre de 2017

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE COMEZA A PRIMEIRA FASE DA CAMPAÑA EN CENTROS DOCENTES UNIVERSITARIOS







·         O obxectivo de ADOS para o curso académico 2017-2018 pasa por incrementar as 4.615 doazóns recollidas no pasado ano académico

 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os membros da comunidade universitaria dos sete campus galegos a doar sangue no transcurso da primeira fase da campaña de doazón de sangue nas Universidades galegas que principia hoxe.

Nesta xornada inaugural, a Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela e a Escola Técnica Superior de Telecomunicacións de Vigo serán os primeiros  centros que acollan a visita das unidades móbiles de ADOS que, neste curso 2017-2018, márcanse o obxectivo de superar as 4.615 doazóns rexistradas no pasado ano académico.

Importante participación
ADOS lembra a importancia que ten o desenvolvemento das campañas de doazón no eido educativo, tanto en centros de educación non universitaria como universitaria xa que, para moitos xoves, é o primeiro contacto que teñen co solidario xesto da doazón de sangue. Neste sentido, salientar que as unidades móbiles de ADOS visitaron 81 centros universitarios e 92 centros docentes non universitarios no pasado ano 2016.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración que brindan os reitores das tres universidades, así como os decanos e directores de todos os centros educativos, así como todos os membros da comunidade universitaria (PAS, alumnos e alumnas....)

A primeira fase da campaña de doazón nas Universidade prolongarase ata o vindeiro mes de decembro e, entre marzo e maio do 2018, terá lugar unha segunda fase. Nas xornadas previas ao desenvolvemento da cada campaña, impartiranse charlas didácticas e distribuirase material informativo cos requisitos precisos para doar e da data e lugares onde podemos participar.

ADOS quere  reiterar o agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria a súa colaboración, ao tempo que reitera o seu compromiso co labor educativo e de sensibilización que se levan a cabo nas Universidades. Neste sentido, lembrar que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolve outras iniciativas como a realización de visitas formativas por parte dos centros universitarios ata as instalacións de ADOS, colaboración con distintos colectivos e asociacións universitarias (como a presenza en iniciativas como o Congreso de Estudantes de Medicina promovido a pasada primavera por UsCience) ou a realización o pasado curso académico do primeiro proxecto dunha innovadora iniciativa de Aprendizaxe e Servizo levada a cabo coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario