•
Poderán beneficiarse tanto edificios
residenciais colectivos como vivendas unifamiliares e dúplex
• O importe
máximo da axuda vai desde os 4.500 euros para vivendas unifamiliares ata os
35.000 para edificios de menos de 8 inmobles
•
O importe da subvención será do 60 por
cento do custe da instalación
A Xunta destinará case 1,3 euros a
facilitar a instalación de novos ascensores en edificios de vivendas que
carezan do mesmo, así como á instalación de mecanismos que faciliten a
accesibilidade en vivendas unifamiliares e en vivendas tipo dúplex. Para obter
máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/1MYAzA.
O Diario Oficial de Galicia (DOG)
publicou onte a Orde pola que se regulan ditas axudas e se procede á
convocatoria de 2017, cuxo prazo de presentación de solicitudes se inicia mañá
e rematará o 2 de novembro próximo. As solicitudes poderán presentarse na sede
electrónica da Xunta, dirixidas á área provincial do Instituto Galego da
Vivenda e Solo da provincia na que se atope a vivenda.
Estas axudas poderán empregarse
para a instalación de novos ascensores en edificios residenciais colectivos e
tamén en vivendas unifamiliares e vivendas tipo dúplex. Tamén serán aplicables
para a instalación de elevadores, salvaescaleiras e outros dispositivos que
faciliten a accesibilidade entre os diferentes andares da edificación.
Os destinatarios das axudas serán
as comunidades de propietarios no caso de edificios residenciais colectivos e
os propietarios no caso das vivendas unifamiliares e dúplex. En todos os casos
debe tratarse de persoas físicas. No caso das vivendas unifamiliares e dúplex,
os ingresos ponderados da unidade familiar non poderán supera 3,5 veces o
Iprem.
O importe da subvención será do 60
por cento do custe da actuación. Consideraranse subvencionables os honorarios
dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados
necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e os custos en
equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra asociados á
instalación do ascensor e dos demais dispositivos de accesibilidade, de xeito
que estes queden operativos. No custo total das obras non se incluirán os
gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
Como máximo, o importe da axudas
será o seguinte:
|
Vivendas
emprazadas en ámbitos históricos ou nos Camiños de Santiago
|
Resto
de vivendas
|
Vivendas
unifamiliares e dúplex
|
4.500
€
|
2.500
€
|
Edificios
de tipoloxía residencial colectiva con ata 8 vivendas
|
35.000
€
|
25.000
€
|
Edificios
de tipoloxía residencial colectiva con máis de 8 vivendas
|
28.000
€
|
18.000
€
|
As axudas deste programa serán compatibles
con calquera outra destinada ao mesmo fin, sempre que a suma das mesmas non
supere o custe total das obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario