A XUNTA PUXO EN MARCHA O PASADO LUNS A NOVA MODALIDADE DE AUTOBÚS COMPARTIDO, QUE PERMITE O USO DAS PRAZAS BALEIRAS DE 513 LIÑAS DE TRANSPORTE ESCOLAR - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 13 de septiembre de 2017

A XUNTA PUXO EN MARCHA O PASADO LUNS A NOVA MODALIDADE DE AUTOBÚS COMPARTIDO, QUE PERMITE O USO DAS PRAZAS BALEIRAS DE 513 LIÑAS DE TRANSPORTE ESCOLAR





As rutas incluídas neste sistema identificaranse mediante un distintivo de ‘Bus compartido’ que deben portar os vehículos


§  Os horarios, as paradas e os itinerarios do transporte escolar permanecen intactos, agás polas modificacións derivadas das propias necesidades educativas, habituais do inicio do curso
§  As empresas titulares das liñas deberán publicitar os horarios dos servizos para que a poboación coñeza as novas posibilidades de mobilidade
§  Os responsables de efectuar os servizos teñen instrucións precisas de coñecer de antemán os percorridos e as paradas do transporte escolar, xa que a súa obriga é atender con carácter prioritario as necesidades do alumnado
§  Desenvolverase un plan especial de inspeccións para garantir o bo funcionamento do sistema coa colaboración da Garda Civil e cada liña de uso compartido contará coa presenza dun acompañante

A Xunta de Galicia puxo en marcha o pasado luns a nova modalidade de autobús compartido, que permite o uso por parte do conxunto da cidadanía das prazas baleiras de 513 liñas de transporte escolar, aproximadamente o 10% do total.

As rutas incluídas nesta modalidade identificaranse a través dun distintivo de ‘Bus compartido’ que deberán portar os vehículos nun lugar visible.
 
Conforme as condicións contractuais do Plan de transporte público de Galicia, os horarios, as paradas e os itinerarios do transporte escolar permanecerán intactos, agás polas modificacións derivadas das propias necesidades educativas, habituais no principio do curso.

As empresas titulares das liñas deberán publicitar os horarios dos servizos, así como das súas modificacións cando se produzan, coa fin de que a poboación poida coñecer as novas posibilidades de mobilidade que teñen ao seu alcance.

Así mesmo, os responsables de efectuar os servizos teñen instrucións precisas de coñecer de antemán os percorridos e as paradas do transporte escolar, xa que a súa obriga, recollida nos contratos, é atender con carácter prioritario as necesidades do alumnado.

A Administración autonómica informou aos centros cuxas liñas de transporte forman parte deste novo sistema, e como na totalidade do transporte escolar, estes comunicaron as modificacións puntais precisas para atender ao alumnado.
                                                                                                              
Con motivo da posta en marcha desta nova modalidade, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda desenvolverá un plan especial de inspeccións no que contará coa colaboración da Garda Civil para velar polo correcto funcionamento do sistema.

Ademais, todas as liñas de autobús compartido contarán coa presenza dun monitor acompañante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario