O obxectivo desta nova disposición nomativa é
ampliar o catálogo de actuacións que se poden acometer só presentando unha
declaración responsable e sen necesidade de autorización
§ Simplificarase a execución de actuacións como pintado,
impermeabilización de fachadas, cambio de fiestras ou retellado
§ Estímase que preto de 500 solicitantes poderán
beneficiarse cada ano desta simplificación administrativa
§ Os interesados dispoñen de prazo ata o 4 de abril para
presentar as súas suxestións a través do Portal de Transparencia da
Administración autonómica
A Xunta de Galicia vén de iniciar o procedemento de información pública
do Proxecto de decreto de Augas de Galicia que pretende facilitar a execución
de obras menores de conservación e mantemento no ámbito de dominio público
hidráulico.
Esta nova
disposición normativa amplía o catálogo de actuacións que se poden acometer tan
só presentando unha declaración responsable ante a Administración hidráulica e
sen necesidade de contar cunha autorización específica.
Desa forma
será moito máis sinxelo e rápido executar actuacións de pintado,
impermeabilización de fachadas, cambio de fiestras ou retellado. Estímase que
preto de 500 solicitantes poderán beneficarse cada ano desta nova
simplificación administrativa.
Os
interesados neste proxecto de decreto dispoñen de prazo ata o 4 de abril para
presentar as súas suxestións a través do Portal de
Transparencia da Administración autonómica, onde o texto se pode consultar a
través do seguinte enlace:
A través do novo decreto, pasarán a ser susceptibles
de execución coa presentación dunha declaración responsable:
·
As
seguintes actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico, sempre que se
executen fóra de zonas incluídas no rexistro de zonas protexidas da demarcación
hidrográfica Galicia Costa:
o
Retirada de árbores mortas e podas de árbores que impidan accesos á canle
ou á súa servidume de paso, sempre que non impliquen perda do substrato arbóreo
da ribeira.
o
Retirada de árbores mortas e podas de árbores que reduzan a capacidade da
canle.
o
Retirada de elementos arrastrados pola corrente que obstrúan a canle e
especialmente nas obras de paso sobre ela, ou que constitúan un elemento de
degradación ou contaminación do dominio público hidráulico.
o Mantemento das seccións de medición de caudais das redes oficiais de
estacións de medición.
·
As
seguintes actuacións menores de mantemento e conservación no dominio público
hidráulico e na súa zona de policía:
o
En infraestruturas: o bacheo de pistas forestais con saburra e a renovación
de capas de rodadura de estradas en zonas de dominio público hidráulico, zonas
de servidume e policía.
o
En edificacións e
vivendas, as consistentes en pintado
de, revestimento e impermeabilización de fachadas, cambio de fiestras ou
substitución de tellados e outras actuacións de similares características que
en ningún caso impliquen ampliación do volume.
o Os
seguintes tipos de peches: pastor eléctrico para gardar animais e permeables de malla ou similares e cunha distancia
mínima entre postes de 3 m.
A execución
desas actuacións requirirá a
presentación previa, cunha antelación mínima de 20 días, dunha declaración
responsable pola que o seu promotor declare, baixo a súa responsabilidade, que
cumpre os requisitos establecidos na normativa vixente, que dispón da
documentación que así o acredita, que a porá a disposición da Administración
cando lle sexa requirida e que se compromete a manter o cumprimento das
anteriores obrigas durante a execución das actuacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario