Landín critica os “catro anos de promesas incumpridas” no Concello e comprométese a impulsar o emprego e ás políticas sociais - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 14 de marzo de 2019

Landín critica os “catro anos de promesas incumpridas” no Concello e comprométese a impulsar o emprego e ás políticas sociais



Landín critica os “catro anos de promesas incumpridas” no Concello e comprométese a impulsar o emprego e ás políticas sociais 

·         Inaugurou oficialmente a Sede Local do PP xunto ao Secretario Xeral do partido en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís
O candidato do PP á Alcaldía de Barro, José Antonio Landín, criticou os “catro anos de promesas incumpridas” e desmedido aumento do gasto gasto do actual goberno municipal” e se comprometeu a traballar con intensidade para voltar a fomentar o emprego e ás políticas sociais no Concello, ademáis de impulsar as infraestruturas.

Ás súas declaracións tiveron lugar o luns durante a inauguración oficial da Sede Local do PP de Barro, un acto no que estivo acompañado polo Secretario Xeral do partido en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e ao que asistiron casi un centenar de persoas.

“Ás nosas propostas principais para os vindeiros catro anos serán a construcción dun Centro de Día, a construcción dun novo Centro Médico e a Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)”, dixo José Antonio Landín, agradecendo o apoio e a implicación dos veciños coa sua candidatura “integradora e na que caben todos”.

Finalmente destacou un proxecto que combina experiencia cun equipo renovado, ilusionado e solvente para recuperar á Alcaldía de Barro nas eleccións do 26 de maio.

Pola súa banda, José Luis Cores Tourís puxo en valor o traballo dos populares durante os últimos anos, “un partido forte e unido que sabe como xestionar eficazmente un Concello”, agradecendo a Landín a súa valentía e o seu compromiso por encabezar de novo a candidatura. Por último amosou a súa confianza en acadar un magnífico resultado tanto nas eleccións xerais do 28 de abril como nas municipais do 26 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario