·
No transcurso da primeira fase
participaron 2.367 membros da comunidade universitaria, dos cales 834 doaban
sangue por vez primeira
A Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS) principia a segunda fase da campaña especial de doazón
de sangue na Universidade, marcándose como obxectivo superar ás 4.542 doazóns
recollidas no pasado ano académico.
No transcurso da primeira fase da campaña na
Universidade do curso 2017-2018, rexistrouse a participación de 2.367 membros
da comunidade universitaria, cifra que representa un incremento do 2,6% con
respecto ao mesmo período do curso anterior. Especialmente salientable resulta
a participación de 834 cidadáns que doaron sangue por vez primeira, cifra que
representa o 35% do total de doazóns rexistradas.
Importante participación
ADOS lembra a importancia que ten o
desenvolvemento das campañas de doazón no eido educativo, tanto en centros de
educación non universitaria como universitaria xa que, para moitos xovenes, é o
primeiro contacto que teñen co solidario xesto da doazón de sangue.
Esta iniciativa, que se prolongará ata o
vindeiro mes de maio, é posible grazas á colaboración que brindan os reitores
das tres universidades, así como os decanos e directores de todos os centros
educativos, así como todos os membros da comunidade universitaria (PAS, alumnos
e alumnas....)
Nas xornadas previas ao desenvolvemento da cada
campaña, impartiranse charlas didácticas e distribuirase material informativo
cos requisitos precisos para doar e da data e lugares onde podemos participar.
ADOS quere
reiterar o agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria
a súa colaboración, ao tempo que reitera o seu compromiso co labor educativo e
de sensibilización que se levan a cabo nas Universidades. Neste sentido,
lembrar que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolve outras
iniciativas como a realización de visitas formativas por parte dos centros
universitarios ata as instalacións de ADOS, colaboración con distintos
colectivos e asociacións universitarias ou a realización de proxectos de
Aprendizaxe e Servizo levados a cabo con distintas facultades da Universidade
de Santiago de Compostela (USC), concretamente, neste curso coas Facultades de
Ciencias da Educación e de Enfermaría da USC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario