O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez,
interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia
§ Francisco Menéndez apunta
entre as actuacións máis significativas e demandadas a xa executada no acceso ao
polígono de Sequeiros, no Concello de Barro, que permitiu reducir a
accidentalidade neste tramo
§ A nova intervención de conexión desta estrada
co núcleo urbano da Devesa e Reiriz conta cun prazo de execución de 6 meses e rematarase
este ano
§ En paralelo se traballa en novas
actuacións de conservación e de mellora da mobilidade peonil neste vía ao seu
paso polos municipios de Pontevedra e Barro
§ Neste momento está en supervisión o
proxecto dunha senda entre o acceso ao núcleo de Sabarís e a glorieta da
Devesa, coa previsión de licitar as obras este ano
§ O proxecto de mellora da seguridade para o novo tramo desta estrada ao
seu paso polo municipio de Barro será sometido a información pública esta primavera
§ As actuacións se completarán coas
que se están a preparar no marco do Plan de Reforzos de Firme nesta estrada e outras
intervencións na súa zona de influencia, como a senda da estrada en PO-225 en
Alba ou a propia Variante de Alba
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez,
destacou hoxe os preto de 3,8 millóns só en traballos directos do departamento de
Infraestruturas da Xunta para a mellora da seguridade viaria na
estrada PO-531, no seu treito entre Pontevedra e Curro. Actuacións recentes e en licitación ou cos proxectos en redacción que, que tal e como avanzou, seguen
a desenvolverse como amosa o inicio en maio das obras da 2ª fase de acondicionamento na Devesa, no Concello de Pontevedra.
Francisco
Menéndez detallou na súa resposta a unha pregunta oral na Comisión 2ª do
Parlamento de Galicia o programa continuo da Xunta en materia de seguridade viaria e de conservación
desta estrada, de acordo cunha priorización técnica das actuacións e tamén
froito dun intenso diálogo cos veciños de Pontevedra como de Barro, remarcou.
Salientou entre as
actuacións máis significativas, e demandadas, á intervención no 2017 para a mellora
da seguridade viaria da estrada PO-531, que supuxo a execución da glorieta no acceso ao polígono de
Sequeiros, no Concello de Barro. Intervención que permitiu minorar a velocidade de circulación na contorna e, con
isto, reducir a accidentalidade neste tramo, cun investimento de case 408.000
euros.
Explicou que
tamén, de acordo co previsto, esta
actuación ten agora a súa continuidade coas obras da 2ª fase de mellora da
seguridade viaria no lugar da Devesa, no Concello de Pontevedra. Os traballos
prevense iniciar na primeira quincena de maio e contan cun prazo de execución
de 6 meses, polo que estarán rematas este mesmo ano, dixo.
Trátase dunha intervención que busca facilitar
a conexión desta estrada co núcleo urbano da Devesa e o lugar de Reiriz, que
ten por obxectivo principal reducir a velocidade de circulación neste treito, e
que dispón dun orzamento duns 442.000 euros.
O director da
Axencia Galega de Infraestruturas indicou que, en paralelo á execución destas
obras, tamén se segue a traballar en novas actuacións de conservación, de
mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria na estrada PO-531. Trátase dunha nova senda entre o acceso ao núcleo de Sabarís e a
glorieta a executar na Devesa, no Concello de Pontevedra, e unha actuación de
mellora da seguridade viaria desta estrada ao seu paso polo Concello de Barro.
Neste punto lembrou que
ambas actuación son consecuencia das modificacións no proxecto de itinerario
peonil e ciclista na PO-531, no treito A Devesa-Bretoña, previsto no Plan de
Sendas de Galicia. Este proxecto saíu a exposición pública o 5 de marzo de 2018
e produto das alegacións recibidas decidiuse a súa división en dous.
Tal e como precisou, o primeiro dos proxectos nos que se está a avanzar
agora se corresponde coa senda de 1,4 Km pola marxe esquerda desta estrada,
entre o acceso ao núcleo de Sabarís e ata a glorieta a executar na Devesa. Este proxecto dispón dun orzamento de preto
de 811.000 euros e, tal e como adiantou, está recentemente redactado e
iniciando o seu proceso de supervisión. A licitación das obras, así como a
tramitación do expediente expropiatorio prevese neste ano 2019 para a súa
finalización no ano 2020.
Pola súa parte, no concello de Barro, concretou que tras o proceso de
alegacións, optouse por priorizar una actuación previa de seguridade viaria,
con reforma de interseccións, na que despois se apoie a senda inicialmente proxectada
na zona de Bretoña, próxima a Curro. E adiantou que o novo proxecto será
sometido a información pública a efectos expropiatorios nesta primavera, cun investimento
que superará o 1M€.
Actuacións, concluíu, que serán complementadas coas que se están a preparar
no marco do Plan de Reforzos de Firme, e que prevén volver actuar para a
mellora da capa de rodadura nesta estrada, entre este ano 2019 e o ano 2020.
Tamén falou doutras intervencións na súa zona de influencia como a senda da
estrada en PO-225 en Alba ou a propia Variante de Alba, cuxos proxectos están a
ser ultimados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario