§ As actuacións deste
complexo arrancarán nas vindeiras semanas co comezo do acondicionamento do
edificio da terminal de autobuses
§ Estes traballos suporán
unha reforma funcional, estética e de eficiencia enerxética, ao contemplar a
renovación da fachada, da cuberta e dos seus interiores e a mellora dos
sistemas de información
§ A Xunta ademais
acometerá a adecuación do complexo intermodal para acadar unha intermodalidade
real entre as estacións de autobuses e ferrocarril
§ A conexión entre
estacións será máis sinxela e segura para os peóns grazas a un itinerario
peonil e unha reordenación urbana da fronte da estación
§ O proxecto inclúe a
eliminación dos actuais accesos de autobuses, construíndo un novo enlace
directo dende a Rúa Josefina Arruti, e a posta en valor do contorno do río
Gafos, que se recuperará cun novo espazo para o desfrute cidadán
§ Estas actuacións están
enmarcadas nun convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de
Pontevedra, cun investimento superior aos 6 millóns de euros, dos que o Goberno
galego achega máis de 4,6 millóns
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de formalizar o
contrato para executar as obras de adecuación do complexo intermodal de
Pontevedra. A empresa Extraco, Construccións e Proxectos é a adxudicataria
desta actuación.
As
obras deste complexo intermodal arrancarán nas vindeiras semanas co comezo do
acondicionamento do edificio da terminal de autobuses.
Estes
traballos suporán unha reforma funcional, estética e de eficiencia enerxética
do edificio, ao incluír a renovación da fachada, da cuberta e dos seus
interiores e a mellora das instalacións e dos sistemas de información.
A Xunta, a
través desta reforma da estación de autobuses e da adecuación do complexo
intermodal, busca acadar unha intermodalidade real entre esta terminal e a de
ferrocarril.
A conexión
entre estacións será máis sinxela e segura para os peóns grazas a un itinerario
peonil que se complementará cunha reordenación urbana da fronte da estación,
mellorando a seguridade viaria e recuperando un espazo público para os
cidadáns.
O proxecto
tamén inclúe a eliminación dos actuais accesos de autobuses, construíndo un
novo enlace directo dende a Rúa Josefina Arruti, onde se instalarán semáforos
regulados a demanda e carrís de espera.
Ademais
porase en valor o contorno do río Gafos, que se recuperará cun novo espazo para
o desfrute cidadá mediante a rexeneración da área ao carón da estación de
autobuses, destapándose o leito e construíndose unha pasarela de madeira que
facilite o paseo.
Cómpre
lembrar que estas actuacións están enmarcadas nun convenio de colaboración
asinado entre a Xunta e o Concello de Pontevedra, que conta cun investimento
superior aos 6 millóns de euros, dos que o Goberno galego achega o 75%, é
dicir, máis de 4,6 millóns.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE
INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
No hay comentarios:
Publicar un comentario