- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que estas subvencións atópanse dentro do programa “O Teu Xacobeo”, destinadas a concellos, persoas xurídicas ou físicas e a entidades públicas e privadas
O
delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou
esta mañá os 124.000 euros que a Consellería de Cultura e Turismo destina a 9
proxectos do Xacobeo 2021 na comarca de Pontevedra dentro do programa “O teu
Xacobeo”.
Entre os beneficiados se
atopan o concello de Poio, a Deputación de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra,
a Asociación Aspace e o Teucro.
A
convocatoria aberta de proxectos O Teu
Xacobeo permitirá impulsar 352 iniciativas de dinamización en máis dun
cento de concellos de toda Galicia. Este proxecto, que conta cun investimento
de 4,7 millóns de euros por parte da Xunta, permitirá mobilizar preto de nove
millóns de euros en todo o territorio ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.
Esta iniciativa,
impulsada co obxectivo de implicar e fomentar a participación de todos os
axentes da sociedade no deseño do próximo Xacobeo 21, recibiu un total de 652
propostas nas tres liñas de axuda abertas o que motivou que pasara dos 2
millóns iniciais a un total de 4,7.
No caso da
primeira liña de axudas, destinada a proxectos formulados por entidades locais
(concellos galegos, mancomunidades, consorcios locais ou deputacións),
impulsaranse un total de 80 proxectos que contarán cun investimento de preto dun
millón de euros. A meirande parte destas iniciativas permitirán mobilizar
recursos locais, fomentarán a innovación e o uso das TIC e farán especial
énfase na promoción de artistas ou creadores galegos.
A segunda
das liñas favorecerá a posta en marcha de 89 iniciativas propostas por pemes e
particulares nas que se investirán preto de 1,5 millóns de euros en poxectos
centrados no desenvolvemento rural, o impulso de talento emerxente ou o fomento
da igualdade. Por último, a terceira das liñas permitirá que boten andar 183
propostas de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro e contará cun
orzamento de 2 millóns de euros. “Confiamos en que esta iniciativa sentará as
bases dun Xacobeo que sintan como propio todos e cada un dos galegos”, recalcou
Román Rodríguez.
O Teu Xacobeo representa o carácter “participativo,
descentralizado e sustentable” do próximo Ano Santo polo que aposta a Xunta. A
posta en marcha dos diferentes proxectos permitirá ampliar a repercusión da
celebración, anticipando e levando a súa influencia máis alá do 2021, ao tempo
que se avanza na súa “descentralización”, implicando a todos os concellos de
Galicia.
As
iniciativas seleccionadas abranguen un total de cinco áreas: o ámbito
artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito
deportivo e ámbito social. O ámbito artístico comprende
toda unha serie de disciplinas como artes visuais, arquitectura, deseño,
cultura dixital, moda, cinema e documental, todo tipo de músicas, artes
escénicas, literatura e libro. No eido do patrimonio, historia, pensamento e
espiritualidade terán cabida foros de reflexión, encontros, publicacións,
estudos, etc.
En canto a área gastronómica, inclúense
experiencias e actividades de elevado valor engadido, que contribuirán a dar a
coñecer e gozar do patrimonio enogastronómico de Galicia achegando a visitantes
e locais unha parte das tradicións, oficios, cultura, historia e identidade
territorial, así como a promoción de produtos con denominación de orixe ou
indicacións xeográficas.
No ámbito deportivo realizaranse eventos de
distintas disciplinas deportivas. Inclúense actividades dirixidas e ao aire
libre como camiñadas ou rutas organizadas e tamén disciplinas relacionadas co
benestar e o gozo respectuoso da natureza. Por último, o ámbito social
contempla proxectos relacionados coa defensa dos dereitos humanos ou vinculados
a colectivos vulnerables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario