n
Este novo equipamento está incluido dentro
das medidas a curto prazo comprometidas no Plan de Atención Primaria
n
Comezarán a instalarse no mes de novembro
O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa Comercial
Hospitalaria Grupo-3, SL, a contratación da subministración de 261
desfibriladores destinados aos centros de saúde da rede sanitaria pública, por
un importe total de 1.051.275 euros. En
canto aos 27 ecógrafos, adxudicáronse á firma Celta Ingenieros S.L, cun importe
total de 343.035 euros.
A
adquisición deste novo equipamento electromédico é un dos compromisos adquiridos
polo departamento sanitario autonómico no Plan Galego de Atención Primaria,
como unha das medidas a curto prazo.
Esta
contratación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á
poboación no ámbito da atención primaria do Sergas, mediante a renovación do
material electromédico obsoleto das
consultas de atención primaria, así como a dotación do equipamento necesario de
acordo coa carteira de servizos do centro.
Dos 261
desfibriladores, 44 unidades irán destinadas a centros de saúde da área
sanitaria de Pontevedra e O Salnés; 18 a centros de atención primaria da área
sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 50 a centros de saúde da
área sanitaria de Vigo; 45 a centros de saúde pertencentes á área sanitaria de
Santiago de Compostela e Barbanza; 80 a centros de atención primaria da área
sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 16 aos da área sanitaria de
Ferrol e 8 a centros de saúde da área sanitaria da Coruña e Cee.
Os novos
desfibriladores que se subministrarán aos centros de saúde do Sergas contan con
especificacións técnicas que marcan un nivel de equipo adecuado para un centro
de atención primaria, como son a alta enerxía entregadas polas pas para a
desfibrilación, a adquisición de ECG (electrocardiograma) a través de pas e a
través de cable de paciente permitindo a súa monitoraxe, o rexistro e o
almacenamento dos sucesos (en modo manual e semiautomático), así como a
incorporación de pas externas reutilizables de uso en pacientes adultos e
pediátricos.
No referido
aos 37 ecógrafos, 3 están destinadas a centros de saúde da área sanitaria da
Coruña e Cee; 1 para a de Ferrol, 3 para a área sanitaria de Lugo, A Mariña e
Monforte de Lemos; 5 para á área sanitaria de Santiago de Compostela e
Barbanza; 3 para a de Vigo; 7 para a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras;
e 5 para a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario