BARRO TAMÉN PARTICIPA. UN TOTAL DE 83 CENTROS PÚBLICOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARTICIPAN ESTE CURSO NO PROGRAMA ‘INTRODUCIÓN DA ROBÓTICA EN PRIMARIA’ - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 24 de noviembre de 2019

BARRO TAMÉN PARTICIPA. UN TOTAL DE 83 CENTROS PÚBLICOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARTICIPAN ESTE CURSO NO PROGRAMA ‘INTRODUCIÓN DA ROBÓTICA EN PRIMARIA’






§  A Consellería de Educación vén de incorporar 9 centros da provincia a esta iniciativa
§  Cada colexio participante conta cun kit de material que lle permite iniciarse na programación básica, robótica e construción

Un total de 83 centros de ensino públicos da provincia de Pontevedra desenvolverán este curso o programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. Para continuar ampliando a participación dos colexios nesta iniciativa, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de incorporar neste curso 2019/20 un total 9 centros docentes públicos ao programa nesta provincia.  A relación de novos centros pode consultarse na seguinte táboa:

Provincia
Concello
Centro
Pontevedra
Moaña
CEIP Plurilingüe Domaio
Pontevedra
Mondariz
CPI de Mondariz
Pontevedra
Nigrán
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios
Pontevedra
Ponteareas
CEIP Fermín Bouza Brey
Pontevedra
Pontevedra
CEIP A Xunqueira Nº 1
Pontevedra
Tui
CEIP Plurilingüe de Guillarei
Pontevedra
Vigo
CEIP Virxe do Rocío
Pontevedra
Vigo
CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral
Pontevedra
Vigo
CEIP O Sello


Os centros de continuación no programa na provincia son os seguintes:

Concello
Nome do centro
A Cañiza
CPI da Cañiza
A Cañiza
CEIP de Valeixe
A Guarda
CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo
Agolada
CEIP de Agolada
Baiona
CPI de Cova Terreña
Baiona
CEP de Sabarís
Baiona
CEIP de Belesar
Barro
CEIP Amor Ruibal
Caldas de Reis
CEIP San Clemente de Cesar
Cambados
CEIP Plurilingüe de Castrelo
Cambados
CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro
Cambados
CEIP San Tomé
Campo Lameiro
CEIP Pedro Antonio Cerviño
Cangas
CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán
Cangas
CEIP Nazaret
Cangas
CEIP A Rúa
Cerdedo-Cotobade
CEIP Plurilingüe de Carballedo
Cerdedo-Cotobade
CEIP de Tenorio
Cuntis
CPI Aurelio Marcelino Rey García
Lalín
CEIP Xesús Golmar
Lalín
CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza
Lalín
CEIP Xoaquín Loriga
Lalín
CEIP Varela Buxán
Marín
CEIP do Carballal
Marín
CEP de Sequelo-Marín
Moaña
CEIP de Reibón
Moaña
CEIP A Guía
Moraña
CPI Santa Lucía
Mos
CEIP de Atín-Cela
Nigrán
CEIP Humberto Juanes
Nigrán
CEE de Panxón
Nigrán
CEIP da Cruz
O Grove
CEIP Rosalía de Castro
O Grove
CEIP Valle-Inclán
O Grove
CEIP As Bizocas
O Grove
CEIP de Conmeniño
O Porriño
CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
Poio
CEIP de Viñas
Poio
CEIP de Lourido
Poio
CEIP de Espedregada
Pontevedra
CEIP A Carballeira
Pontevedra
CEIP Plurilingüe Froebel
Pontevedra
CEIP San Martiño
Pontevedra
CEIP de Vilaverde-Mourente
Redondela
CEIP de Reboreda
Redondela
CEIP de Cedeira
Redondela
CEIP de Laredo
Redondela
CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas 
Redondela
CEP Santa Mariña
Salceda de Caselas
CEP Altamira
Salvaterra de Miño
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón 
Sanxenxo
CEIP Pl A Florida
Sanxenxo
CEIP de Noalla-Telleiro
Tomiño
CEP Pedro Caselles Beltrán
Tomiño
CEIP de Sobrada
Tomiño
CEIP Plurilingüe de Tebra
Tui
CEIP Plurilingüe Nº 1
Vigo
CEIP Otero Pedrayo
Vigo
CEIP Eduardo Pondal
Vigo
CEIP de Sárdoma-Moledo
Vigo
CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares
Vigo
CEIP de Chans-Bembrive
Vigo
CEIP Balaídos
Vigo
CEIP Frián-Teis
Vigo
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao
Vigo
CEIP Plurilingüe Paraixal
Vigo
CEIP García Barbón 
Vigo
CEIP Seis do Nadal
Vila de Cruces
CEIP de Cerdeiriñas
Vila de Cruces
CEIP Nosa Señora da Piedade
Vilagarcía de Arousa
CEIP de Rubiáns
Vilagarcía de Arousa
CEIP O Piñeiriño
Vilanova de Arousa
CEIP de Viñagrande-Deiro
Vilanova de Arousa
CEIP de Sestelo-Baión


Edudixital
Introdución á robótica educativa en primaria enmárcase na estratexia Edudixital 2020 e vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa desta consellería ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

Cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o  proxecto, que estará formada por 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, 6 kits de construción que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.

En toda Galicia desenvolverán este curso o programa Introdución á robótica educativa en primaria un total de 178 centros, dos que 25 son de nova incorporación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario