A Consellería de Política Social resolve a
convocatoria de achegas económicas a estes centros para nenas e nenos de 0 a 3
anos de idade
§
Este investimento irá
destinado a renovar as instalacións doutras seis instalacións da Coruña e unha
de Lugo
A Xunta de Galicia vén de conceder a 27 escolas
infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS) achegas
económicas por un valor de preto de 400.000 euros para a mellora das
instalacións, a adquisición de novo equipamento e a incorporación de novas
tecnoloxías. Delas, 20 están situadas na provincia de Pontevedra ás que se
destinan 300.000 euros. Política Social concede estas axudas, financiadas polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feader), por terceiro ano
consecutivo.
O Goberno galego chegou a todas
as EPIS que solicitaron estas axudas e reunían os requisitos establecidos na
convocatoria: 20 na provincia de Pontevedra, seis da Coruña e unha en Lugo.
Así, concédese a práctica totalidade do investimento subvencionable cunha
contía máxima que pode recibir cada centro de 25.000 euros: 15.000 euros para as obras de mellora e de
10.000 para a compra de equipamento máis a integración das novas tecnoloxías
nas aulas.
Máis en concreto, as intervencións
subvencionables son as obras menores de adecuación da infraestrutura, así como
traballos novos que melloren a accesibilidade da escola ou a doten dos servizos
necesarios. Estas axudas tamén cobren a adquisición e renovación do equipamento
do centro, incluído o mobiliario exterior ou interior e o material didáctico e
de xogo. Así mesmo, as achegas están dirixidas a dotar aos centros de conexión
a internet e a compra de dispositivos tecnolóxicos como encerados dixitais ou
ordenadores, entre outros. As entidades teñen de prazo para xustificar as
intervencións feitas ao abeiro desta orde ata o día 5 do vindeiro mes de
decembro.
Aposta pola infancia
Estes investimentos en EPIS responden ao
compromiso do Executivo galego coas familias e a infancia. Trátase de que as
nais e os pais teñan ao seu alcance os mellores centros para os seus fillos e
fillas e, ademais, de facilitar a conciliación. A día de hoxe Galicia ofrece
máis de 25.000 prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos sostidas con fondos
públicos, o que eleva a ratio de cobertura a preto do 44% -nove puntos máis que
a mínima recomendada pola Unión Europea-.
Nesta liña, cómpre indicar que os novos
orzamentos da Xunta para 2020 destinan 160,9 millóns de euros a políticas de
apoio ás familias e á infancia, un 12,8% máis que o ano pasado.
SAÚDOS,
COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario