Nava Castro resalta ante o sector público e privado de Pontevedra a aposta pola calidade turística na provincia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 17 de noviembre de 2019

Nava Castro resalta ante o sector público e privado de Pontevedra a aposta pola calidade turística na provincia




§   A directora de Turismo participou hoxe na Mesa Provincial de Turismo onde se puxo de manifesto o fomento da excelencia no eido turístico así como a positiva evolución das cifras ofrecidas polo INE cun crecemento do 7%
§   A provincia participa este ano nun proxecto piloto en toda España impulsado pola Xunta para implantar a Q de Calidade Turística en albergues do Camiño Portugués e en espazos singulares da Ruta do Viño das Rías Baixas

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na Mesa Provincial de Turismo da Deputación de Pontevedra durante un encontro que serviu para compartir co sector público e privado os resultados turísticos da provincia e as accións presentes e futuras.
Durante a reunión, Nava Castro puxo de manifesto a consolidación que vive o turismo en Galicia, onde a provincia de Pontevedra está a acadar uns positivos resultados tanto cualitativos como cuantitativos, segundo os últimos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE).  Neste sentido, concentra o 39% dos visitantes que chegan a Galicia e no que levamos de ano a provincia conseguiu rexistrar ata setembro máis de 1,2 millóns de turistas que fixeron 3,1 millóns de pernoitas. É un incremento do 7%.
A Mesa Provincial do Turismo da Deputación de Pontevedra serviu, ademais, para que o Goberno galego puidese escoitar e poñer sobre a mesa as demandas e necesidades dos profesionais e administracións participantes. A importancia de establecer sinerxías en materia de calidade ou a oportunidade de desestacionalización aproveitando os seus recursos diferenciadores, foron algún dos asuntos que centraron o encontro no que se afondou na importancia da coordinación e cooperación institucional.
Proxecto pioneiro
No eido da calidade, a provincia está a ser protagonista dun proxecto pioneiro impulsado pola Xunta en colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) co que se deseñarán por primeira vez medidas para que albergues e espazos singulares tanto do Camiño Portugués como da Ruta do Viño das Rías Baixas poidan recibir a Q de Calidade Turística. Trátase dunha medida que permitirá ofrecer mellores servizos aos peregrinos e turistas que percorren estes dous itinerarios na provincia.

Ao abeiro deste acordo impulsarase a creación das chamadas Rutas Q, unha figura pioneira en España onde se incluirán como proxecto piloto o Camiño Portugués e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, así como as Rutas dos Viños das Denominacións de Orixe das Rías Baixas e da Ribeira Sacra. Grazas a esta distinción, identificaranse diferentes sectores turísticos situados nestas catro rutas –tales como albergues ou espazos singulares das Rutas Xacobeas– e definiranse os criterios técnicos para que poidan ser recoñecidos coa Q.

No hay comentarios:

Publicar un comentario