A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO ALERTA DE QUE A CLIMATOLOXÍA PREVISTA FAVORECE A APARICIÓN DO MAL DO CHUMBO NAS FROITEIRAS DE ÓSO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 31 de julio de 2023

A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO ALERTA DE QUE A CLIMATOLOXÍA PREVISTA FAVORECE A APARICIÓN DO MAL DO CHUMBO NAS FROITEIRAS DE ÓSO

 



O centro dependente da Deputación advirte de que as temperaturas suaves e a humidade propician a botrite e outras podres na viña e insiste na necesidade de tratar, cortar e eliminar plantas abandonadas para evitar a propagación da flavescencia dourada

 

A Estación Fitopatolóxica Areeiro alerta que climatoloxía húmida favorece a entrada do mal do chumbo nas froiteiras de óso. Os síntomas que presenta son a coloración prateada nas follas que se estende ata podrecer toda a viña. Para evitar a súa expansión, aquelas que estean danadas deben ser eliminadas no período estival. Despois de cada corte débese aplicar un funxicida e desinfectar as tesoiras antes de podar a seguinte rama, sen esquecer retirar os restos da poda da finca. A froita que estea podre débese eliminar tamén para evitar a contaminación e impedir que se acheguen as moscas da froita.

 

Na viña, o incremento da humidade e as temperaturas suaves favorecen a aparición do botrite e doutras podres na viña. Ademais, a fase na que se atopa a uva polo incremento dos azucres, tamén facilita a entrada do patóxeno. Se aínda non se aplicou ningún antibotrítico, debe facerse tras as choivas desta fin de semana para evitar que afecte á viña.

 

Areeiro tamén recomenda no seu aviso fitosanitario a necesidade de tratar para frear o avance da flavescencia dourada que, de momento, só se ten detectado nas comarcas do Condado e O Baixo Miño. O centro dependente da Deputación asegura que a corta e eliminación de plantas de viña abandonadas é unha medida de gran relevancia para evitar a expansión do insecto.

 

A pesar de que as temperaturas mínimas foron máis baixas que as rexistradas anteriormente, reducindo os días para a frutificación do mildio, as choivas axudaron a incrementar a cantidade dos seus esporanxios. Prevese que o aumento das temperaturas da próxima semana provoque a aparición de novas manchas. Uns síntomas que só afectarán ás follas das viñas, xa que os acios, ao ter o pintado máis estendido, non están nunha etapa vulnerable. Para protexer a viña hai que renovar os tratamentos porque as choivas lavarán os que xa estean aplicados.

 

Ao igual que sucede co mildio, a fase de pintado protexe a uva do oídio e as choivas, neste caso, reducen o risco de que afecte as súas follas. Só se recomenda a adición dun antioídio ao tratamento cúprico nas variedades afectadas pola enfermidade.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario