O PP DE BARRO LAMENTA QUE O BIPARTITO ESQUILME AS ARCAS MUNICIPAIS CUN 50% MÁIS DE GASTOS EN SOLDOS PARA CHEGAR A 270.000 EUROS NESTA LEXISLATURA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 14 de julio de 2023

O PP DE BARRO LAMENTA QUE O BIPARTITO ESQUILME AS ARCAS MUNICIPAIS CUN 50% MÁIS DE GASTOS EN SOLDOS PARA CHEGAR A 270.000 EUROS NESTA LEXISLATURA


 

O PP DE BARRO LAMENTA QUE O BIPARTITO ESQUILME AS ARCAS MUNICIPAIS CUN 50% MÁIS DE GASTOS EN SOLDOS PARA CHEGAR A 270.000 EUROS NESTA LEXISLATURA


Barro, 14 de Xullo de 2023. O grupo municipal do PP de Barro quere lamentar que o novo goberno bipartito BNG-PSOE vaia esquilmar as arcas municipais cun 50% máis de gastos en soldos ao manter a adicación exclusiva do alcalde (34.000 euros anuais de salario e 11.000 de Seguridade Social) e crear un novo soldo para o tenente de alcalde socialista que ascenderá a 17.000 euros anuais máis uns 5.500 de Seguridade Social.

Para os populares trátase dun "auténtico escándalo, que demostra que o alcalde non atendeu aos intereses dos veciños de Barro e só quixo comprar vontades para asegurarse o seu sillón, sobre todo tras as manobras iniciais do seu futuro tenente de alcalde para ocupar o seu posto buscando os apoios dos demais grupos da oposición".

O PP concretou que o soldo do alcalde Abraldes, máis o gasto da Seguridade Social, manterase en 45.000 euros anuais como na anterior lexislatura, "pero os petos dos veciños terán que soportar o imposto revolucionario que suporá o gasto anual de 22.500 euros das arcas municipais para un liberado socialista".

Os populares de Barro, que lembraron o seu anuncio de apoiar as adicacións se non superaban os 45.000 euros anuais do mandato anterior, lamentaron que as arcas de Barro "vaian dilapidar 90.000 euros nesta lexislatura nunha segunda adicación para, aínda por riba, ter unha peor atención, xa que o pasado mandato o alcalde só se adicaba a xestionar, con máis erros que acertos todo hai que dicilo, pero esta terá menos tempo para os veciños, xa que, como pasa en todos os bipartitos, pasará parte do día mirando de esguello e vixiando ao seu socio de intereses e rival político". 



No hay comentarios:

Publicar un comentario