Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 3 de octubre de 2018

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA Á PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA FASE DA CAMPAÑA EN CENTROS DOCENTES UNIVERSITARIOS






·         O obxectivo de ADOS para o curso académico 2018-2019 pasa por incrementar as 4.542 doazóns recollidas no pasado ano académico

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os membros da comunidade universitaria dos sete campus galegos a doar sangue no transcurso da primeira fase da campaña de doazón de sangue nas Universidades galegas que principia mañá, xoves 27 de setembro.

Nesta xornada inaugural, as Facultades de Enfermaría e da Ciencias da Educación-Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela serán os primeiros  centros que acollan a visita das unidades móbiles de ADOS que, neste curso 2018-2019, márcanse o obxectivo de superar as 4.542 doazóns rexistradas no pasado ano académico.

Importante participación
ADOS lembra a importancia que ten o desenvolvemento das campañas de doazón no eido educativo, tanto en centros de educación non universitaria como universitaria xa que, para moitos xoves, é o primeiro contacto que teñen co solidario xesto da doazón de sangue.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración que brindan os reitores das tres universidades, así como os decanos e directores de todos os centros educativos, así como todos os membros da comunidade universitaria (PAS, alumnos e alumnas....)

A primeira fase da campaña de doazón nas Universidade prolongarase ata o vindeiro mes de decembro e, entre marzo e maio do 2019, terá lugar unha segunda fase. Nas xornadas previas ao desenvolvemento da cada campaña, impartiranse charlas didácticas e distribuirase material informativo cos requisitos precisos para doar e da data e lugares onde podemos participar.

ADOS quere  reiterar o agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria a súa colaboración, ao tempo que reitera o seu compromiso co labor educativo e de sensibilización que se levan a cabo nas Universidades.

Neste sentido, lembrar que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolve outras iniciativas como a realización de visitas formativas por parte dos centros universitarios ata as instalacións de ADOS, colaboración con distintos colectivos e asociacións universitarias  ou a realización, hai dous anos, do primeiro proxecto dunha innovadora iniciativa de Aprendizaxe e Servizo levada a cabo coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario