§ O perĆodo
de presentación de solicitudes empezarĆ” maƱƔ e o lĆmite para entregalas remata
o 20 de novembro, Ɣs 14.00 horas
§ Realizaranse
dous sorteos por provincia, un para os permisos de salmón e outro para os
restantes tipos
§ Cómpre
recordar que o sistema permite a renovación on line das licencias de pesca
autonómicas autorizadas desde a pÔxina web da Dirección Xeral de Patrimonio
Natural
A ConsellerĆa de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se establecen as
normas dos sorteos e da veda de permisos de pesca en coutos para a tempada do
ano 2019.
O perĆodo para a
presentación de solicitudes comeza maƱƔ e o lĆmite de entrega rematarĆ” o
vindeiro 20 de novembro, Ɣs 14:00 horas. Como Ʃ habitual, celebraranse dous
sorteos por provincia: un para os permisos de salmón e outro para os restantes
tipos de permisos de pesca. No seguinte cadro detƔllase o calendario do
proceso, que comeza o 31 de outubro coa presentación de solicitudes e remata ao
20 de decembro co sorteo.
Data de inicio da
presentación de solicitudes
|
31 de outubro
|
LĆmite de
presentación de solicitudes
|
20 de novembro, Ɣs
14:00 horas
|
Publicación das
listaxes provisionais
|
27 de novembro
|
Publicación das
listaxes definitivas
|
12 de decembro
|
Data de sorteo
|
20 de decembro, Ɣs
12:00 horas
|
Como na tempada
pasada, o sistema permite a renovación on
line das licencias de pesca autonómicas autorizadas. Dende a pÔxina web da
Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no enlace de renovación de licencias
(http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Conservacion), os usuarios poderƔn realizar este trƔmite
sen necesidade de achegarse a unha das oficinas da administración. Durante a
tempada pasada de pesca repartĆronse un total de 10.206 permisos a pescadores
mediante estes sorteos, entre eles 2.962 permisos en coutos de salmón.
Proceso de presentación das solicitudes
As solicitudes
deberanse presentarse preferentemente por vĆa electrónica a travĆ©s do
formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.es), de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no
Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da
Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela
dependentes.
Opcionalmente, tamƩn
se poderƔn presentar en soporte papel nos rexistros das xefaturas territoriais
da ConsellerĆa ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei
39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoƱible na
sede electrónica da Xunta.
Asemade, os
resultados dos sorteos poderƔn consultarse na pƔxina web
(https://pescafluvial.xunta.gal) e nas oficinas dos servizos provinciais de
Conservación da Natureza.
Os interesados deberƔn
consultar nesta pĆ”xina o dĆa e o rango horario no que lles corresponderĆ”
escoller os permisos; trĆ”mite que poderĆ”n facer vĆa telemĆ”tica ou ben mediante
unha chamada aos telƩfonos que lles serƔn indicados durante o desenvolvemento
do procedemento.
No prazo de 5 dĆas
naturais, contados desde a data da escolla, os permisos seleccionados deberƔn
ser pagados nunha entidade bancaria ou telematicamente. Nos casos nos que non
se retiren os permisos persoal nin telematicamente, poderase xustificar o seu
pago mediante o envĆo da copia para a Administración do impreso de liquidación
debidamente formalizado por fax ou correo electrónico. Aquelas persoas que no
prazo fixado non realicen o pago dos permisos reservados en tempo e forma,
entenderase que renuncian Ô súa participación na fase de escolla de
permisos, e terƔn bloqueados novos
accesos Ô aplicación informÔtica de venda de permisos durante o resto da
tempada de pesca, agƔs circunstancias de forza maior documentalmente
acreditadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario