“DEPOEMPRENDE NA ESCOLA, ESO E FP”: BARRO VOLVE A QUEDAR EXCLUIDO POLA DEPUTACION - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 28 de octubre de 2018

“DEPOEMPRENDE NA ESCOLA, ESO E FP”: BARRO VOLVE A QUEDAR EXCLUIDO POLA DEPUTACION




A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ESTENDE A CULTURA EMPRENDEDORA ENTRE @S MÁIS DE 550 ALUMN@S QUE VAN PARTICIPAR EN “DEPOEMPRENDE NA ESCOLA, ESO E FP”

O goberno provincial porá en marcha a partir de novembro unha nova edición desta iniciativa na que participarán 25 centros educativos de 15 concellos da provincia

“Somos a única administración en Galicia que conta cun programa destas características, converténdonos nunha referencia no ámbito do emprendemento”, destacou a presidenta

Despois do éxito obtido o pasado curso ao abeiro do programa “DepoEmprende na Escola”, a Deputación de Pontevedra porá en marcha a partir de novembro unha nova edición do programa nas súas tres modalidades (DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP), que chegará a un total de 553 alumnas e alumnos de 25 centros educativos pertencentes a 15 concellos da provincia.A Deputación puxo en valor esta acción da institución provincial, “ao tratarse da única administración en Galicia que conta cun programa destas características, converténdonos nunha referencia no ámbito do emprendemento”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra (PSOE) destacou a importancia de iniciativas como “DepoEmprende na Escola, na ESO e FP” para estender a cultura emprendedora dende os centros educativos entre a mocidade. “Precisamos que o emprendemento forme parte do currículo educativo, como sucede en países coma Austria ou Suíza, porque é fundamental cambiar o modelo educativo e adaptarse ao S.XXI”, destacou Carmela Silva.

Máis polo miúdo, en DepoEmprende na Escola van participar 281 nenas e nenos de educación primaria (5º e 6º curso) e de educación especial dos centros CEE Príncipe Felipe (Pontevedra), CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP García Barbón (Vigo), CEIP Plurilingüe nº1 de Tui (Tui), CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia), CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa) e CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra). Todas e todos eles se encargarán de crear e xestionar unha cooperativa cuxos produtos se venderán nun mercado ao remate do curso.

No que respecta á modalidade DepoEmprende na ESO, participarán 99 alumnas e alumnos do IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES de Rodeira (Cangas), IES Luis Seoane (Pontevedra), IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño (Meaño). DepoEmprede na ESO está dirixido a mozas e mozos de 14 a 16 anos (3º e 4º da ESO) que estudan a materia iniciativa emprendedora.

En canto a “DepoEmprende na FP”, serán 173 alumnas e alumnos participantes dos centros IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), IES de Rodeira (Cangas), CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Asociación EFA A Cancela (As Neves), IES Terra de Turonio (Gondomar), CFEA Lourizán (Pontevedra), CPR San Miguel (Vigo) e IES de Valga (Valga). Esta modalidade está dirixida ao alumnado que estude a modalidade de Empresa Iniciativa Empresarial ou/e Simulación Empresarial.

O programa “DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP” ten como obxectivo xeral fomentar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento, eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos. Así mesmo, este proxecto da Deputación de Pontevedra promove o emprendemento e a cultura emprendedora no marcho do sistema educativo, impulsando que o alumnado sexa o protagonista da súa propia aprendizaxe cun traballo desde a práctica. Ademais, esta formación tamén favorece ao desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, ás expresións culturais, ás matemáticas e ciencias e á alfabetización dixital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario