O investimento per capita previsto na provincia é de máis de 112 euros por
habitante
§ As Contas de 2019 prevén un
investimento de máis de 5,3 millóns de euros para rematar as obras da Autovía
do Morrazo e seguir mellorando as estradas autonómicas na comarca
§ Consígnanse 0,5 millóns de euros para avanzar na Variante de Alba,
en Pontevedra, cun compromiso de gasto para os vindeiros anos que supera os 5
millóns de euros
§ O investimento previsto para empezar as obras da intermodal de
Vigo supera os 7,8 millóns de euros mentres que na de Pontevedra se investirán
1,65 millóns
§ Augas de Galicia reserva máis de 4,5 millóns de euros para á
mellora da EDAR de Praceres e máis de 3,1 millóns de euros para o novo emisario
submarino
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará o
vindeiro ano algo máis de 105,3 millóns de euros a investimentos na provincia
de Pontevedra, segundo recolle o proxecto de Lei de Orzamentos
remitido hoxe ao Parlamento para o ano 2019.
Desa forma, o departamento de
Infraestruturas da Xunta realizará o vindeiro ano un investimento per capita de 111,70 euros por habitante
o vindeiro ano na provincia de Pontevedra.
En concreto, os investimentos da
Axencia Galega de Infraestruturas na provincia superarán os 66,7 millóns de
euros no ano 2019.
A Autovía do Morrazo volve ser a
infraestrutura viaria que recibe un maior investimento da Xunta de Galicia en
materia de infraestruturas viarias, con máis de 5,3 millóns de euros consignados
á mellora da mobilidade nesta comarca que permitirán culminar as obras en 2019,
tras a posta en servizo este ano dos dous primeiros treitos. Prevense, así
mesmo, as obras de mellora da seguridade viaria noutras estradas tamén
importantes da comarca como a PO-551 ou
a PO-313, entre outras.
Ademais, resérvase unha partida de
3,08 millóns de euros para seguir impulsando
a vía de altas prestacións entre Tui e A Guarda, estando prevista a
licitación dun novo treito de obras.
Na capital da provincia consígnanse
0,5 millóns de euros para avanzar na Variante de Alba, en Pontevedra, cun
compromiso de gasto para os vindeiros anos que supera os 5 millóns de euros.
Tamén se reservan partidas por un total de 1,17
millóns de euros para actuacións de
interese local nas estradas PO-230,PO-234 e PO-235 nos concellos de Ponte
Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campolameiro e A Lama.
Destaca,
ademais, a partida que se crean de 0,85 millóns de euros para actualizar o
proxecto do ramal de conexión entre a AG-53 e a N-52 en Lalín-Dozón , coa fin
de licitar as obras a finais de 2019.
Arrancan as obras das intermodais de Vigo e Pontevedra
O orzamento da Consellería de
Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade na
provincia de Pontevedra, supera os 9,52 millóns de euros no 2019.
En concreto, a partida reservada para a estación intermodal de
Vigo supera os 7,86 millóns de euros. O remate da tramitación da intermodal,
intregrada polo Centro Vialia, a estación de tren e a nova estación de
autobuses intermodal, permiten comezar o próximo ano as obras do Centro Vialia,
xa con autorización comercial autonómica.
No caso de Pontevedra a inversión asinado para o ano 2019 á mellora da intermodalidade e a reforma da
estación de autobuses supera o 1,65 millóns de euros. Esta actuación conta coa
colaboración do Concello de Pontevedra e
Xunta prevé iniciar tamén as obras o vindeiro ano.
O impulso do saneamento da ría de Pontevedra
A provincia de Pontevedra encabeza a
dotación orzamentaria de Augas de Galicia para Galicia, con máis de 28,4
millóns de euros,
Os
maiores investimentos se destinarán o vindeiro ano ao impulso do
saneamento da ría de Pontevedra, que para a anualidade 2019 destina máis de 4,5
millóns de euros á mellora da EDAR de Praceres, e máis de 3,1 millóns de euros
para o novo emisario submarino.
Ademais reservase unha partida
superior aos 0,6 millóns de euros para a redacción dos proxectos de saneamento
nos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía, Cambados e A Illa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario