·
O obxectivo de ADOS para o
curso académico 2018-2019 pasa por incrementar as 4.542 doazóns recollidas no
pasado ano académico
A Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os membros da comunidade
universitaria dos sete campus galegos a doar sangue no transcurso da primeira
fase da campaña de doazón de sangue nas Universidades galegas que principia
mañá, xoves 27 de setembro.
Nesta xornada inaugural, as Facultades de
Enfermaría e da Ciencias da Educación-Campus Norte da Universidade de Santiago
de Compostela serán os primeiros centros
que acollan a visita das unidades móbiles de ADOS que, neste curso 2018-2019,
márcanse o obxectivo de superar as 4.542 doazóns rexistradas no pasado ano
académico.
Importante participación
ADOS lembra a importancia que ten o
desenvolvemento das campañas de doazón no eido educativo, tanto en centros de
educación non universitaria como universitaria xa que, para moitos xoves, é o
primeiro contacto que teñen co solidario xesto da doazón de sangue.
Esta iniciativa é posible grazas á colaboración
que brindan os reitores das tres universidades, así como os decanos e
directores de todos os centros educativos, así como todos os membros da
comunidade universitaria (PAS, alumnos e alumnas....)
A primeira fase da campaña de doazón nas
Universidade prolongarase ata o vindeiro mes de decembro e, entre marzo e maio
do 2019, terá lugar unha segunda fase. Nas xornadas previas ao desenvolvemento
da cada campaña, impartiranse charlas didácticas e distribuirase material informativo
cos requisitos precisos para doar e da data e lugares onde podemos participar.
ADOS quere
reiterar o agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria
a súa colaboración, ao tempo que reitera o seu compromiso co labor educativo e
de sensibilización que se levan a cabo nas Universidades.
Neste sentido, lembrar que a Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue desenvolve outras iniciativas como a realización de visitas
formativas por parte dos centros universitarios ata as instalacións de ADOS,
colaboración con distintos colectivos e asociacións universitarias ou a realización, hai dous anos, do primeiro
proxecto dunha innovadora iniciativa de Aprendizaxe e Servizo levada a cabo coa
Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de
Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario