A XUNTA DESTINARÁ 2,4 M€ A AXUDAR AOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA A MELLORAR OS CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRARIAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 14 de enero de 2020

A XUNTA DESTINARÁ 2,4 M€ A AXUDAR AOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA A MELLORAR OS CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRARIAS



  • No conxunto de Galicia estas achegas acadan os 12 millóns de euros
  • O obxectivo deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas, sobre todo daquelas que dan acceso ás parcelas agrarias
  • A repartición establecida para cada un dos concellos galegos fíxose con base nunha serie de criterios previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

Os concellos da provincia de Pontevedra recibirán unha axuda total de 2,4 millóns de euros para mellorar e acondicionar os camiños municipais de acceso a parcelas agrarias. Será dentro do Plan Marco 2020-2021 que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), adscrita á Consellería do Medio Rural, e que conta cun orzamento para o conxunto de Galicia de 12 millóns de euros, distribuídos nas devanditas anualidades a razón de case 6 millóns de euros cada unha. 

A finalidade última deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais da comunidade autónoma mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas, sobre todo daquelas que dan acceso a parcelas agrarias.

Estes camiños permiten acceder ás 30.000 entidades de poboación nas cales se asentan as vivendas da poboación rural galega e supoñen as canles de entrada e saída das producións rurais (desde o leite ata a artesanía) que precisan os negocios desta contorna. Por iso, a Xunta quere propiciar con estas actuacións unha mellor accesibilidade e vertebración do territorio, dinamizando o tecido produtivo ao contribuír á mellora da capacidade organizativa destas áreas rurais.

Así, estas axudas servirán para facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dean acceso a parcelas agrarias, incluíndo actuacións que supoñan tanto un incremento da largura da vía coma o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Porén, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Criterios de distribución
Co fin de chegar a cada un dos concellos da nosa comunidade, establecéronse unha serie de criterios de distribución das asignacións económicas que foron previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Estes criterios determináronse con base en indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa entre a totalidade de concellos. A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie do concello, o peso do agro no municipio e o grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, prevese un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario