
O concello de Barro pon en marcha unha nova edición do Espazo Concilia nos meses de xullo e agosto co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar.
Devido á crise sanitaria, este ano ofrécense 50 prazas para o mes de xullo e outras 50 para o mes de agosto, cumprindo as limitacións ditadas pola Xunta de Galiza e con todas as medidas de seguridade. O horario será desde as 8:30 h até as 14:30 h.
Para o Espazo Concilia de Barro o concello conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra para o Fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero 2021.


No hay comentarios:
Publicar un comentario