A XUNTA INXECTA CASE 6,5 M€ NA HOSTALARÍA DAS BISBARRAS DE PONTEVEDRA E CALDAS COA APROBACIÓN DE CASE 3.000 AXUDAS DIRECTAS DOS DOUS PRIMEIROS PLANS DE RESCATE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 5 de junio de 2021

A XUNTA INXECTA CASE 6,5 M€ NA HOSTALARÍA DAS BISBARRAS DE PONTEVEDRA E CALDAS COA APROBACIÓN DE CASE 3.000 AXUDAS DIRECTAS DOS DOUS PRIMEIROS PLANS DE RESCATE




§  Os establecementos da cidade de Pontevedra recibiron 1.500 achegas por valor de 3,5 millóns coas dúas convocatorias, que deron cobertura ao 94% dos negocios da provincia

§  En toda Galicia, as axudas da Xunta destinadas a bares, cafeterías e restauración achegáronse aos 87 millóns de euros, case a metade dos 182 millóns de fondos propios que o Goberno galego puxo a dispor de autónomos, microempresas e actividades afectadas polos peches sanitarios durante a pandemia

§  O Consello da Xunta xa aprobou o 3º rescate cos 234 millóns procedentes do Estado que espera activar nos próximos días con axudas que van dos 3.000 aos 30.000 euros

§  A Administración galega decidiu destinar o 85% dos cartos do 3º plan a autónomos e pequenas empresas por supor o 97% do tecido produtivo galego

 

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de inxectar case 6,5 millóns de euros no sector da hostalaría das bisbarras de Pontevedra e Caldas a través da aprobación de 2.842 axudas directas correspondentes cos dous primeiros plans de rescate.

 

A segunda convocatoria, que acaba de quedar resolta, permitiu que as achegas deran cobertura ao 94% dos establecementos de hostalaría da provincia de Pontevedra -coa aprobación de 13.385 axudas por importe de case 30 millóns de euros- e lles outorgaran liquidez ao ser un dos sectores máis afectados pola pandemia e polas necesarias medidas sanitarias de contención da covid-19.

 

En toda Galicia outorgáronse máis de 37.000 axudas directas en ambos os dous plans de rescate, co que chegaron a case a nove de cada dez bares, restaurantes, cafeterías e outros establecementos de alimentación e bebidas radicados na Comunidade. Todos estes apoios supuxeron ata o de agora un desembolso de 86,6 millóns de euros das arcas autonómicas.

 

Pontevedra e a súa contorna

En canto á distribución nas bisbarras de Pontevedra e Caldas, a capital provincial captou máis do 50% dos fondos destes dous plans de rescate impulsados pola Xunta de Galicia para o sector da hostalaría, xa que foron aprobadas case 1.500 axudas por un importe de máis de 3,5 millóns de euros.

 

Polo demais, tamén destacaron as achegas concedidas aos establecementos do sector de Poio (302), Marín (243), Caldas (114) ou Bueu (110), que foron os municipios onde se superaron o cento de axudas.

 

A relación de beneficiarios e de contías por concellos é a seguinte:

 

 

Concello

Axudas abonadas

Contía en euros

Pontevedra

1.499

3.501.430

Barro

69

150.820

Bueu

110

275.235

Caldas de Reis

114

344.110

Campo Lameiro

22

35.175

Catoira

41

112.955

Cerdedo-Cotobade

59

117.635

Cuntis

36

100.100

A Lama

18

39.500

Marín

243

466.150

Moraña

20

55.625

Poio

302

676.710

Ponte Caldelas

98

174.675

Pontecesures

53

146.375

Portas

14

36.025

Valga

56

137.400

Vilaboa

88

163.550

TOTAL

2.842

6.473.470

 

Cos dous primeiros plans de rescate a Xunta mobilizou un total de 182 millóns de euros co obxecto de aportar liquidez a estes negocios e contribuír á permanencia do emprego e da viabilidade. Máis da metade dese diñeiro foi parar ao sector hostaleiro.

 

3º Plan aprobado

O Consello do Goberno galego, pola súa banda, vén de aprobar o 3º plan que, no seu caso, nutrirase de fondos do Estado, dos que 234,4 millóns de euros corresponderán á Comunidade, apenas o 3,3% dos 7.000 millóns que se repartiron en toda España.

 

Dentro da escasa marxe de manobra que o Goberno central deixa ás comunidades, Galicia priorizará que as axudas cheguen ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, que supoñen o 97% do tecido produtivo galego. Para elas resérvanse 200 dos 234 millóns de orzamento, o 85% do plan.

 

En consenso do Diálogo Social e coa Mesa do Emprego Autónomo, a Xunta vén de deseñar un 3º plan que prevé axudas de entre 3.000 e 30.000 euros para persoas traballadoras autónomas, microempresas, pemes e empresas, establecidas en función da baixada de facturación padecida a causa da covid-19 e o número de persoas empregadas ao cargo.

 

Outra das aportacións de Galicia ao plan consistiu estender as axudas a todas as actividades económicas, e non só ás 95 apuntadas polo Real Decreto do Estado, sempre e cando poidan acreditar unha caída de ingresos dun 40% ou máis.

 

Co obxectivo de garantir a maior axilidade posible, o Goberno galego aplicará o mesmo criterio que no primeiro e segundo plans de rescate e concederá o anticipo do 100% dos importes coa mera presentación dunha declaración responsable.

 

Coa convocatoria do 3º plan, a Xunta terá destinado cerca de 560 millóns en axudas directas en seis meses aos sectores máis prexudicados pola pandemia: 416 millóns dos tres plans de rescate e a contía restante correspondente a diferentes departamentos da Xunta que veñen de apoiar a axencias de viaxes, ocio nocturno, orquestras ou ao sector das artes escénicas e musicais, entre outros ámbitos.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario