A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo o anuncio nun acto na Cidade da Cultura cunha ducia de representantes municipais
— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a resolución pola que se informa das subvencións concedidas na segunda convocatoria
— Na actualidade, 176 entidades locais están a redactar un Pace, aos que se suman estes novos municipios, que xa poden iniciar os traballos
— Ángeles Vázquez lembra que só restan 42 concellos por adherirse ao Pacto das alcaldías, aos que convida a facelo para “defender entre todos o papel de Galicia como parte da solución ao cambio climático, non do problema”
A Xunta resolve hoxe a segunda convocatoria das axudas para a redacción de Plans de acción para o clima e a enerxía sustentables (Paces), grazas á cal se conceden 70 subvencións a outros tantos concellos por un importe global de 337.000 euros.
Nun acto na Cidade da Cultura cunha ducia de representantes municipais, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, -acompañada da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e en Ourense, Gabriel Alen- anunciou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coa listaxe de concellos beneficiarios, que se suman ás 176 administracións locais que xa están a redactar un Pace. Destacou que nesta segunda convocatoria se atenderon o 100% das solicitudes.
Lembrou que un Plan de acción consiste na elaboración dun inventario de referencia de emisións de gases de efecto invernadoiro e na avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático; polo que coa axuda da Xunta os municipios poden a sufragar os traballos de asistencia técnica para a elaboración dos mesmos.
Así, Ángeles Vázquez destacou que con este paso –máis alá de cumprir cun dos compromisos de adhesión ao Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía- integran a loita fronte ao cambio climático como unha das variables que deben ter presente na definición das súas políticas, tanto para reducir as emisións e mellorar a eficiencia enerxética, como para adaptarse ás consecuencias derivadas do quecemento global que está a sufrir o planeta.
A Xunta, oficina en Galicia
A conselleira de Medio Ambiente destacou que o Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía foi impulsado no ano 2008 ata converterse no maior movemento de carácter internacional para buscar sinerxías entre distintas administracións fronte ao cambio climático, cunha mención especial ao labor dos concellos pola súa relación directa cos cidadáns. De feito, na actualidade conta xa co respaldo dunhas 10.000 entidades locais de todo o mundo.
Nese sentido, a Xunta asumiu en 2017 o papel de coordinadora do movemento en Galicia na Comunidade, coa convicción de que os retos globais do cambio climático deben afrontarse desde as vilas e as cidades de xeito unido e partindo da premisa “pensar global, actuar local”.
“Na actualidade xa son 271 os concellos adheridos ao Pacto das alcaldías, cunha poboación de preto de 2,2 millóns de galegos”, sinalou a conselleira sobre unhas cifras que son “unha mostra da boa acollida” que está a ter o Pacto, sobre todo desde a posta en marcha da Oficina técnica de coordinación e asesoramento aos municipios.
Por último, indicou que “aínda queda marxe de mellora”, polo que convidou a sumarse a este reto aos 42 concellos que faltan, “para defender entre todos o papel de Galicia como parte da solución ao cambio climático, non do problema”, concluíu, convencida de que a proximidade á cidadanía que teñen os convérteos nunha peza clave para avanzar no proceso de transición enerxética que promove Europa.
III. Outras disposicións
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A) (Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro).
Mediante a Orde do 26 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Segundo o establecido no artigo 22 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, expresando a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.
Convén sinalar que estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), de acordo co disposto no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.
As actuacións subvencionables están incluídas, segundo se sinala a continuación, no eixe prioritario 05 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 05.01 «Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídos enfoques baseados nos ecosistemas»; obxectivo específico 05.01.01 «Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta preventiva, de seguimento e avaliación»; actuación 5.1.1.3 «Integración da adaptación ao cambio climático nos instrumentos de xestión e planificación sectorial»; liña de actuación 60 «Redes de observación, prevención de riscos e análise sectorial de adaptación ao cambio climático en Galicia», do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
En consecuencia,
RESOLVO:
Publicar as axudas que se relacionan na táboa que se anexa, concedidas ao abeiro do seguinte:
a) Normas reguladoras da convocatoria:
• Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A) (DOG núm. 27, do 10 de febreiro).
b) Aplicación orzamentaria: 08.02.541E.760.1 (código de proxecto 2017 00056, actuación 087.097).
c) Finalidade da axuda: axudas para a elaboración dos plans de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES).
d) Destinatarios: entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
ANEXO
Beneficiarios
Nº de expediente |
Entidade solicitante |
NIF |
Valoración final |
Importe subvención |
||
PACES |
1 |
/21 |
Castroverde |
P2701100F |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
2 |
/21 |
Gondomar |
P3602100D |
Beneficiaria |
8.990,30 € |
PACES |
3 |
/21 |
Teo |
P1508300I |
Beneficiaria |
8.918,00 € |
PACES |
4 |
/21 |
Moaña |
P3602900G |
Beneficiaria |
8.990,30 € |
PACES |
5 |
/21 |
Meis |
P3602800I |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
6 |
/21 |
Irixoa |
P1504000I |
Beneficiaria |
2.407,90 € |
PACES |
7 |
/21 |
Neda |
P1505600E |
Beneficiaria |
6.000,00 € |
PACES |
8 |
/21 |
Dozón |
P3601600D |
Beneficiaria |
2.274,00 € |
PACES |
9 |
/21 |
Forcarei |
P3601800J |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
10 |
/21 |
Castrelo do Val |
P3202200F |
Beneficiaria |
2.994,75 € |
PACES |
11 |
/21 |
Triacastela |
P2706200I |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
12 |
/21 |
A Coruña |
P1503000J |
Beneficiaria |
14.338,50 € |
PACES |
13 |
/21 |
Catoira |
P3601000G |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
14 |
/21 |
Fornelos de Montes |
P3601900H |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
15 |
/21 |
Vilanova de Arousa |
P3606100J |
Beneficiaria |
9.000,00 € |
PACES |
16 |
/21 |
A Cañiza |
P3600900I |
Beneficiaria |
5.989,50 € |
PACES |
17 |
/21 |
Amoeiro |
P3200300F |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
18 |
/21 |
Leiro |
P3204100F |
Beneficiaria |
2.900,00 € |
PACES |
19 |
/21 |
Nigrán |
P3603500D |
Beneficiaria |
6.047,58 € |
PACES |
20 |
/21 |
Oímbra |
P3205400I |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
21 |
/21 |
Paderne de Allariz |
P3205600D |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
22 |
/21 |
Parada de Sil |
P3205800J |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
23 |
/21 |
Paradela |
P2704200A |
Beneficiaria |
2.999,59 € |
PACES |
24 |
/21 |
Rianxo |
P1507300J |
Beneficiaria |
8.996,35 € |
PACES |
25 |
/21 |
Sandiás |
P3207800H |
Beneficiaria |
2.999,59 € |
PACES |
26 |
/21 |
Valdoviño |
P1508800H |
Beneficiaria |
6.000,00 € |
PACES |
27 |
/21 |
A Mezquita |
P3204900I |
Beneficiaria |
2.994,75 € |
PACES |
28 |
/21 |
A Pobra de Trives |
P3206400H |
Beneficiaria |
3.274,00 € |
PACES |
29 |
/21 |
Ares |
P1500400E |
Beneficiaria |
6.000,00 € |
PACES |
30 |
/21 |
Boiro |
P1501100J |
Beneficiaria |
7.253,95 € |
PACES |
31 |
/21 |
Frades |
P1503900A |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
32 |
/21 |
Monterrei |
P3205100E |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
33 |
/21 |
O Valadouro |
P2706300G |
Beneficiaria |
2.994,75 € |
PACES |
34 |
/21 |
Petín |
P3206100D |
Beneficiaria |
1.936,00 € |
PACES |
35 |
/21 |
Ribeira de Piquín |
P2705300H |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
36 |
/21 |
Vilardevós |
P3209200I |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
37 |
/21 |
A Fonsagrada |
P2701800A |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
38 |
/21 |
A Lama |
P3602500E |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
39 |
/21 |
A Merca |
P3204800A |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
40 |
/21 |
Porqueira |
P3206300J |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
41 |
/21 |
Arzúa |
P1500600J |
Beneficiaria |
5.929,00 € |
PACES |
42 |
/21 |
Baltar |
P3200600I |
Beneficiaria |
2.999,59 € |
PACES |
43 |
/21 |
Barro |
P3600200D |
Beneficiaria |
3.980,00 € |
PACES |
44 |
/21 |
Cariño |
P1509500C |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
45 |
/21 |
Castro Caldelas |
P3202400B |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
46 |
/21 |
Cerceda |
P1502400C |
Beneficiaria |
5.989,50 € |
PACES |
47 |
/21 |
Cerdedo Cotobade |
P3600048G |
Beneficiaria |
5.900,00 € |
PACES |
48 |
/21 |
Cualedro |
P3202900A |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
49 |
/21 |
Larouco |
P3203900J |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
50 |
/21 |
Lobios |
P3204300B |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
51 |
/21 |
Mazaricos |
P1504600F |
Beneficiaria |
3.962,75 € |
PACES |
52 |
/21 |
Navia de Suarna |
P2703400H |
Beneficiaria |
2.900,00 € |
PACES |
53 |
/21 |
Negreira |
P1505700C |
Beneficiaria |
5.989,50 € |
PACES |
54 |
/21 |
Ortigueira |
P1506200C |
Beneficiaria |
6.000,00 € |
PACES |
56 |
/21 |
Ourol |
P2703800I |
Beneficiaria |
2.994,75 € |
PACES |
57 |
/21 |
Outes |
P1506300A |
Beneficiaria |
6.000,00 € |
PACES |
58 |
/21 |
Pontedeume |
P1507000F |
Beneficiaria |
5.999,79 € |
PACES |
59 |
/21 |
Ribadavia |
P3207000E |
Beneficiaria |
6.000,00 € |
PACES |
60 |
/21 |
San Amaro |
P3207500D |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
61 |
/21 |
Sarreaus |
P3207900F |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
62 |
/21 |
Sarria |
P2705700I |
Beneficiaria |
9.000,00 € |
PACES |
63 |
/21 |
Taboada |
P2706000C |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
64 |
/21 |
Trasmiras |
P3208300H |
Beneficiaria |
3.000,00 € |
PACES |
65 |
/21 |
Vila de Cruces |
P3605900D |
Beneficiaria |
6.000,00 € |
PACES |
66 |
/21 |
Vilagarcía de Arousa |
P3606000B |
Beneficiaria |
10.998,90 € |
PACES |
67 |
/21 |
Vilalba |
P2706500B |
Beneficiaria |
9.000,00 € |
PACES |
68 |
/21 |
O Páramo |
P2704300I |
Beneficiaria |
2.999,59 € |
PACES |
69 |
/21 |
O Pino |
P1506700B |
Beneficiaria |
4.000,00 € |
PACES |
70 |
/21 |
O Porriño |
P3603900F |
Beneficiaria |
10.900,00 € |
PACES |
71 |
/21 |
O Saviñao |
P2705800G |
Beneficiaria |
3.999,05 € |
|
Total |
336.842,23 € |
No hay comentarios:
Publicar un comentario