A XUNTA DESTINA MÁIS DE 1,6 M€ EN AXUDAS PARA PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO A 50 CONCELLOS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 2 de julio de 2021

A XUNTA DESTINA MÁIS DE 1,6 M€ EN AXUDAS PARA PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO A 50 CONCELLOS DA PROVINCIA

 


      A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial, Luis López, informan destas achegas, que benefician ao 82% dos municipios e permiten soster 27 Centros de Información á Muller con 70 traballadores

      A Xunta distribúe estes fondos noutros tres programas, centrados na prevención e eliminación da violencia de xénero, o fomento da igualdade e as accións de conciliación, que verá incrementada a súa partida para atender a máis concellos

      Un total de 16 entidades locais das bisbarras de Pontevedra e Caldas benefícianse este ano destas axudas por un importe global de 540.000 euros

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vai destinar este ano máis de 1,6 millóns de euros en axudas para a promoción da igualdade e a prevención de violencia de xénero, entre outras accións, a prol de 50 concellos da provincia de Pontevedra, o que supón que estas achegas beneficiarán ao 82% dos municipios.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o xefe territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, informaron desta resolución nunha convocatoria celebrada no edificio administrativo de Campolongo, na que explicaron que o Executivo autonómico dedica este ano case 6,5 millóns de euros a estas accións por parte dos concellos “co obxectivo de seguir avanzando na consecución dunha sociedade igualitaria e dar continuidade a todos estes programas que, dende o ano 2015, axudaron a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias grazas a un investimento de 30 millóns de euros”, segundo detallou López Abella.

A Secretaría Xeral da Igualdade distribúe estas achegas en catro programas consistentes no sostemento dos Centros de Información á Muller, a promoción da igualdade, as iniciativas de prevención e eliminación da violencia de xénero e o fomento da conciliación.

“Na provincia de Pontevedra axudamos ao mantemento de 27 Centros de Información á Muller, moitos dos cales están agrupados entre varios concellos, polo que dámoslle apoio a unha cobertura que chega a case todo o territorio e que conta con 70 profesionais que prestan asesoramento, atención psicolóxica e calquera tipo de axuda ás mulleres”, explicou a secretaria xeral, que revelou tamén que o programa de fomento da conciliación esgotou o seu crédito para este exercicio pola elevada cifra de solicitudes presentadas polos concellos, polo que vaise ampliar de xeito inminente esta partida para dar a maior cobertura posible.

En canto ás bisbarras de Pontevedra e Caldas, as axudas de Igualdade benefician, no marco destes catro programas, a un total de 16 concellos que recibirán, en conxunto, unhas achegas de 540.000 euros para o desenvolvemento de todas estas iniciativas.

 

Axudas 2021 da SX de Igualdade aos concellos de Pontevedra e Caldas

Concello

CIM

Igualdade

Prevención

Conciliación

A Lama

60.000€ *

 

 

 

Poio

45.000€

 

 

 

Caldas

53.000€ *

 

 

 

Marín

43.992€

 

 

 

Bueu

45.000€

 

 

 

Pontevedra

45.000€

 

 

 

Valga

34.688€ *

 

 

15.000€

Ponte Caldelas

45.000€

 

 

 

Vilaboa

56.000€ *

 

 

 

Catoira

 

4.347€

 

 

Cerdedo-Cotobade

60.000€ *

8.000€

 

28.000€

Cuntis

 

6.000€

6.884€

15.000€

Moraña

34.688€ *

5.898€

 

 

Pontecesures

 

5.899€

 

15.000€

Barro

53.000€ *

 

 

 

Portas

53.000€ *

 

 

 

* Os concellos sinalados teñen o Centro de Información á Muller agrupado con servizo compartido.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario