As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para promover actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres a aprobación en Xunta de Goberno das bases dun novo programa da institución provincial, “Pontevedra, provincia +inclusiva”. Esta iniciativa de Benestar Social ten un crédito total de 180.000 € “para que entidades sen fins de lucro dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia impulsen actuacións de accesibilidade”, explicou o presidente provincial.
A través de “Pontevedra, provincia +inclusiva”, a Deputación busca promover condicións de seguridade e autonomía para as persoas, co fin de que poidan desenvolver as actividades da súa vida cotiá sen restricións, ter unha participación activa na sociedade e tamén usar e desfrutar os espazos e todos os recursos. O programa “vai repartir ata 10.000 euros por entidade”, sinalou Luis López, sempre que non supere o 80% do orzamento total da actuación.
Ao abeiro de “Pontevedra, provincia +inclusiva”, as entidades sociais poderán financiar os derivados das obras de acondicionamento, reforma o ampliación de espazos accesibles, redaccións de memorias de proxectos de accesibilidade, a adquisición de sistemas inclusivos de comunicación ou axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado persoal, como poden ser camas articuladas, cadeiras de rodas ou grúas, entre outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario