Un orzamento de máis de 110.000 € permitirá continuar prestando a asistencia, que chega na actualidade a preto de 700 persoas, ata xullo de 2025
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha prórroga para seguir prestando o servizo de teleasistencia domiciliaria nos concellos de menos de 20.000 habitantes ata xullo de 2025, cun orzamento total de 113.000 euros.
Este servizo, segundo informou o presidente da Deputación Luis López, chega na actualidade a unhas 660 persoas de 45 concellos da provincia, se ben é unha cifra en constante movemento e o contrato permite dar cobertura ata a un total de 1.000 usuarios ao tempo. Nestes momentos, a través da teleasistencia domiciliaria a Deputación de Pontevedra está a atender a 48 persoas en Silleda, 43 en Sanxenxo, 33 en Baiona, 32 en Bueu ou 30 en Salvaterra de Miño, entre outros concellos.
O servizo de teleasistencia domiciliara, que a Deputación vén prestando desde 1998, está destinado a persoas maiores ou discapacitadas que vivan soas ou ás persoas que estean acompañadas e teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá, tal e como explicou o presidente provincial Luis López. Desta maneira, está enfocado a persoas con idade avanzada, diversidade funcional, illamento social, enfermidade, ou situación de risco psicosocial ou físico, que precisan atención continuada. Con só pulsar un botón dáse resposta inmediata ás situacións de emerxencia no fogar, 24 horas ao día e 365 días ao ano
No hay comentarios:
Publicar un comentario