Luis López anuncia a aprobación dunha liña de axudas de 250.000 euros para apoiar o sector agrogandeiro da provincia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 25 de junio de 2024

Luis López anuncia a aprobación dunha liña de axudas de 250.000 euros para apoiar o sector agrogandeiro da provincia

 


Luis López: “Trátase dun dos sectores económicos fundamentais e fonte importante de emprego da provincia de Pontevedra. Por iso queremos estar ao seu carón e con liñas de axudas como esta que hoxe aprobamos avanzamos neste compromiso”

As axudas distribuiranse por concorrencia competitiva e o importe irá desde os 600 ata os 35.000 euros, financiado un máximo do 65% do orzamento subvencionable

A Deputación de Pontevedra acaba de anunciar unha liña de axudas cun orzamento de 250.000 euros para que cooperativas agrogandeiras da provincia poidan realizar actuacións destinadas á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro. “Trátase dun dos sectores económicos fundamentais e fonte importante de emprego da provincia de Pontevedra”, asegurou o presidente Luis López, quen engadiu que “queremos estar ao seu carón e, con liñas de axudas como esta que hoxe aprobamos, avanzamos neste compromiso”.

As axudas a cooperativas agrogandeiras da provincia, que foron presentadas por Luis López na cooperativa O Rodo de Rodeiro, repartiranse en base a criterios de concorrencia competitiva. En xeral, destinarán a cada cooperativa un máximo do 65% do orzamento da actividade subvencionable, sempre que este non supere os 70.000 euros, con importes que oscilarán entre os  600 e os 35.000 euros como máximo.

Entre os gastos subvencionables atópanse os investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa, como adquisición de terreos, obras, construcións, equipos instalacións, etc.; a comercialización, a transformación e a valorización das producións; a formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, ou o uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético.

No hay comentarios:

Publicar un comentario