A cita acada a súa 45 edición » Música, deporte e actividades infantís completan o programa
M. Gónzalez
Coas uvas albariñas e caíñas como piares destacados dunha tradición vitivinícola milenaria, o Concello de Barro é por excelencia un concello de viño. As castes autóctonas, a tradición, o solo, o sol, a choiva e o cariño no cultivo e na elaboración son factores que dan como resultado un dos mellores viños da D.O Rías Baixas.
A Asociación Amigos do Viño de Barro creou e impulsou en 1979 a I Festa do Viño de Barro, co obxectivo de promocionar a calidade dos viños locais. Desde aquela, hai xa 45 edicións, a cita non deixou de crecer e de gañar adeptos, converténdose nun referente da programación estival da provincia de Pontevedra.
A cultura local terá un papel muy especial nesta 45 Festa do Viño de Barro. Ramón Ballesteros, enfermeiro moi querido durante 24 anos no Centro de Saúde de Barro, será o encargado de dar lectura ao pregón. Os asistentes á cita, que se celebra desde este xoves 13 ao domingo 16 de xuño no Pazo da Crega, poderán probar las distintas variedades de caldos de albariño, caíño, blanco del país, tinto do país e outras elaboracións.
Ademáis das catas e a venda de viños, a programación conta con moreas de actividades infantís, torneos de tenis e actuacións musicais para todos os gustos. Hoxe mesmo actuará Jorge Menéndez, antes da presentación dos viños.
Na xornada do venres, haberá lugar para a música tradicional, despois do pregón, con Son das Tabernas. De seguido, as orquestas París de Noia e La Ola ADN amenizarán a verbena a partir das 22.30 horas.
Para o sábado 15 está programado o décimo Torneo de Tenis de la Festa do Viño ás17.00 horas, antes do comezo das actuacións daas pandereteiras da AC Peñaflor, a Coral Polifónica de Barro e o Coro da Portela, que porán la nota musical a partir das 19.00 horas. Capitol e Marbella recollerán a testemuña da verbena.
Como colofón, o domingo estará amenizado pola charanga Alambique, nunha xornada na que tamén terá lugar no campo da Festa a Xuntanza de Vespas Lambrettas e motos clásicas. De seguido, será a tradicional Sardiñada e Xantar popular, a partir das 12.00 do mediodía. A Banda Xuvenil de Barro, co seu espectáculo Verbena Sinfónica, será a encargada de poñer o broche de oro a esta 45 Festa do Viño de Barro, unha edición que promete diversión e actividades para todos os públicos.
Carreira Popular para disfrutar do entorno
O próximo día 23 terá lugar a segunda edición da Carreira Popular da Festa do Viño de Barro, unha proba deportiva que se estreou o ano pasado no calendario de atletismo e que buscará repetir o éxito da edición de 2023 e consolidarse no calendario deportivo da localidade.
Posta en marcha polo Concello de Barro e o Club de Atletismo +9, esta segunda edición da carreira popular contará cunha distancia na categoría absoluta de 10 quilómetros, cun percorrido deseñado para gozar da paisaxe e do entorno natural e patrimonial de Barro. Haberá un total de 14 categorías, nas que poderán participar cativos a partir dos 3 anos de idade.
Esta actividade está englobada dentro da programación da XLV Festa do Viño de Barro e celebrase durante a mañá do domingo 23 de xuño.As inscricións e a consulta do regulamento pode facerse a través da páxina web www.galitiming.com.
https://www.farodevigo.es/escaparate/2024/06/13/barro-celebra-unha-nova-festa-103696144.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario