A XUNTA ADXUDICA POR PRETO DE 3 M€ AS OBRAS DE REFORZO DO FIRME DE 5 ESTRADAS EN 11 CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA E DA COMARCA DO SALNÉS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

sábado, 29 de marzo de 2025

A XUNTA ADXUDICA POR PRETO DE 3 M€ AS OBRAS DE REFORZO DO FIRME DE 5 ESTRADAS EN 11 CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA E DA COMARCA DO SALNÉS

 Obras de acondicionamento na PO-308


      Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia

      O contrato asinarase nos vindeiros días e a previsión é poder iniciar as obras na primavera

      Rehabilitarase a capa de rodaxe das estradas, restaurando ou mellorando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade

      A Xunta destina neste exercicio 68 M€ á conservación das estradas autonómicas

 A Xunta adxudicou por 2.936.226 euros as obras para o reforzo do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés.

Esta intervención, adxudicada á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (Covsa), ten como obxectivo mellorar a capa de rodaxe en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia.

O contrato asinarase nos vindeiros días, e as obras comezarán previsiblemente na primavera. O prazo estimado de execución das obras é de 9 meses.

Os traballos consistirán na rehabilitación superficial do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

A intervención incluirá a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados e reposición dunha capa de firme, selado de fisuras lineais con mestura bituminosa e a creación dunha nova rodadura mediante recrecemento de firme.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 68 M€ á súa conservación.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario