Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 25 de octubre de 2017

A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA INVESTIRÁ MÁIS DE 104 MILLÓNS DE EUROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA EN 2018





O investimento ‘per capita’ previsto na provincia superará os 110 euros

§  A  Autovía do Morrazo volve ser a infraestrutura viaria con maior investimento da Xunta, con 12,9 millóns de euros para rematar os dous primeiros dous treitos e avanzar no terceiro
§  Impúlsase a VAC Tui-A Guarda con 2 M€, a mesma cantidade que se consigna para a prolongación da autovía Santiago-A Estrada, mentres que a rehabilitación da Ponte da Barca, en Pontevedra capta 1,3 millóns de euros
§  O Instituto Galego da Vivenda e Solo investirá 7,1 millóns de euros no desenvolvemento de San Paio de Navia, en Vigo, onde tamén destinará 4 millóns de euros á construción de vivendas de promoción pública
§  Destínanse 4,8 millóns de euros ao desenvolvemento da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves
§  Destacan as partidas reservadas para as estacións intermodais da provincia, con 1,34 millóns de euros consignados para Vigo e 0,8 millóns de euros para Pontevedra

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará o vindeiro ano algo máis de 104 millóns de euros a investimentos na provincia de Pontevedra, o que supón un incremento de case 1 millón de euros con respecto aos 103,3 millóns de euros consignados en 2017.

Desa forma, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda realizará o vindeiro ano un investimento ‘per capita’ de 110,1 euros o vindeiro ano na provincia de Pontevedra.

En concreto, os investimentos da Axencia Galega de Infraestruturas na provincia superarán os 68,6 millóns de euros o vindeiro ano.

A Autovía do Morrazo volve ser a infraestrutura viaria que recibe un maior investimento da Xunta de Galicia, con 12,9 millóns de euros que permitirán a culminación e posta en servizo dos dous primeiros treitos da infraestrutura e o avance do terceiro.

Ademais, resérvase unha partida de 2 millóns de euros para impulsar  a vía de altas prestacións entre Tui e A Guarda, así como un investimento de 1,3 millóns de euros na rehabilitación da Ponte da Barca, en Pontevedra. Tamén na capital da provincia consígnanse 0,5 millóns de euros para avanzar na Variante de Alba.

Outras partidas destacadas son, por exemplo, a destinada ao impulso da prolongación da Autovía AG-59 entre Santiago e A Estrada, con 1,2 millóns de euros que se complementan con 0,8 millóns reservados á mesma vía na provincia da Coruña.

Ademais, a Axencia Galega de Infraestruturas prevé investir 1,15 millóns de euros na reforma da estrada PO-234, Augasantas-Pontecaldelas, e 1 millón de euros no acondicionamento da PO-546 en Marín. Ademais, resérvanse 0,89 millóns de euros á mellora da PO-323 no concello de Redondela.

O incremento dos fondos destinados a Infraestruturas permitirá, así mesmo impulsar a mobilidade sustentable na provincia de Pontevedra, con 4,12 millóns euros presupostados para avanzar na execución do Plan de sendas de Galicia nas comarcas do Salnés (1,18M€), Pontevedra (0,82M€), O Morrazo (1,18M€) e Vigo (0,94M€).


A Axencia Galega de Infraestruturas realizará tamén un importante esforzo investidor na seguridade viaria, con 3,05 millóns de euros consignados a actuacións que se centrarán, en gran medida na eliminación de treitos de concentración de accidentes. Ademais dedicánse 4,4 millóns de euros ao reforzo de firme das estradas autonómicas e 5,14 millóns á vialidade invernal.

Vivenda e solo
Destacan tamén os investimentos previstos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo na provincia de Pontevedra o vindeiro ano, que chegan ata case 26 millóns de euros.

Un dos investimentos máis destacados é o previsto no desenvolvemento da Plataforma loxística de Salvaterra-As Neves, a Plisan, para a  que se reservan 4,8 millóns de euros.

Así mesmo, destacan a previsión de destinar 7,27 millóns de euros á rehabilitación de vivendas, con iniciativas novidosas como o Programa Rexurbe, que consiste na adquisición e recuperación de inmobles dos cascos históricos para destinalas posteriormente a vivenda social.

Ademais, o Instituto Galego da Vivenda e Solo eleva ata os 7,1 millóns de euros o investimento no desenvolvemento do polígono residencial de San Paio de Navia, en Vigo, no que prevé culminar a adquisición de solo e iniciar a execución da urbanización. Nesa mesma cidade, a Xunta destinará 4 millóns de euros á construción de vivendas de promoción pública na rúas Chantada e Ignacio Grobas.

Transporte público e impulso da intermodalidade
O orzamento da Dirección Xeral de Mobilidade na provincia de Pontevedra elévase desde os 3,38 millóns de euros de 2017 a os 9,53 de 2018, en gran parte a consecuencia da posta en marcha da primeira fase do Plan de transporte público de Galicia.

Ese orzamento permitirá destinar 2,6 millóns de euros ao funcionamento do Plan de transporte metropolitano de Vigo e á activación na comarca de Pontevedra, estendendo a novos municipios as vantaxes deste programa social que, ademais, permite que os menores de 19 anos viaxen gratis no transporte interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’.

Así mesmo, destacan as partidas reservadas para as estacións intermodais da provincia, con 1,34 millóns de euros consignados para Vigo e 0,8 millóns de euros para Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario