A nova convocatoria publicarase no DOG
no mes de decembro e súmase á que está en vigor actualmente, por importe de
máis de 2,9 millóns de euros, e cuxo prazo de presentación de solicitudes
estará aberto ata o 30 de novembro de 2017
As axudas da ARI dos Camiños de Santiago
son aplicables nos concellos de
Pontevedra, Vilaboa, Barro, Portas, Soutomaior, Caldas de Reis, Valga e
Pontecesures
A Xunta de Galicia destinará máis de 2,9 millóns
de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no
marco da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, tal como
aprobou o Consello da Xunta do pasado 11 de outubro. Na área de Pontevedra
pódense beneficiar destas axudas as vivendas emprazadas nas parroquias polas
que transcorre o Camiño Portugés nos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Barro,
Portas, Soutomaior, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.
Nas zonas de carácter rural o ámbito da
área de rehabilitación comprende a totalidade da parroquia, de maneira que
todas as vivendas da mesma que cumpran os requisitos poden beneficiarse das
axudas establecidas. Nas zonas urbanas o ámbito da ARI restrínxese ao trazado
do Camiño.
Poderán beneficiarse destas axudas as
comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as
persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas
no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente
resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da
Vivenda e Solo.
O importe máximo da axuda será de 15.000
euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán
superar máis do 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico,
co límite do 10 por cento do orzamento.
Actualmente está aberto o prazo de
presentación de solicitudes da convocatoria de 2017, realizada no pasado mes de
xuño cunha dotación de 2,9 millóns de euros. As solicitudes para a convocatoria
deste ano poderán presentarse ata o 30 de novembro de 2017 e as da convocatoria
de 2018 despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, prevista para
o próximo mes de decembro.
A área de rehabilitación dos Camiños de
Santiago foi o 17 de decembro de 2010, e comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas.
As axudas no marco desta área de
rehabilitación integral poden destinarse a actuacións destinadas a adecuar a
seguridade dos edificios e vivendas, protección fronte a auga e á humidade,
garantir as condicións de salubridade das vivendas, adecuar as instalacións
eléctricas, de augas ou de telecomunicacións á normativa vixente, reducir a
demanda enerxética das vivendas e garantir a súa accesibilidade. Máis
información: http://www.igvs.es/web/actuamos/858
No hay comentarios:
Publicar un comentario