250
deportistas participarán este domingo 1 de outubro no estreo das
"DepoRutas de BTT" promovidas pola Deputación de Pontevedra
O domingo 1 de outubro
terá lugar no Pontillón de Castro, en Verducido, a primeira das “DepoRutas de
BTT” que está a poñer en marcha a institución provincial. O pasado 6 de
setembro abriuse o prazo de inscrición para esta proba con 250 prazas
dispoñibles que esgotáronse en menos dunha semana.
A "Depo Ruta de BTT
de Verducido" percorrerá o entorno do monte Acival, con vistas dos
concellos de Pontevedra, Moraña, Campo Lameiro e Barro. É unha ruta cun
desnivel acumulado de 700 m e cunha distancia de 29 Km sobre unha ruta que ofrece
unhas inmellorables vistas.
Durante o traxecto o
ascenso é continuo e sen grandes pendentes, con algunha divertida baixada por
camiños sen dificultade, e prolóngase durante 7 km. A ruta alcanza a máxima
altura (524 m) ao rematar o ascenso. Desde ese punto comézase a baixar ata
chegar á capela de Santo Antón, en Campo Lameiro. A ruta continúa durante 7 km
por camiños forestais, na procura do pasteiro, a carón do cumio do monte
Acival, lugar no que pasamos polo curro de Amil. Desde este punto comézase a descender, buscando de novo o
encoro de Pontillón do Castro, pero con baixadas sinxelas que permitirán gozar
das vistas das rías de Arousa e de Pontevedra, separadas polo monte Castrove.
A proba arrancará ás
09.30h dende as instalacións náuticas do Pontillón do Castro e ten un horario
previsto de dúas horas e media.
No hay comentarios:
Publicar un comentario