§ A
Autovía do Morrazo volve ser a infraestrutura viaria con maior
investimento da Xunta, con 12,9 millóns de euros para rematar os dous primeiros
dous treitos e avanzar no terceiro
§ Impúlsase a VAC Tui-A Guarda con 2
M€, a mesma cantidade que se consigna para a prolongación da autovía Santiago-A
Estrada, mentres que a rehabilitación da Ponte da Barca, en Pontevedra capta
1,3 millóns de euros
§ O Instituto Galego da Vivenda e Solo
investirá 7,1 millóns de euros no desenvolvemento de San Paio de Navia, en
Vigo, onde tamén destinará 4 millóns de euros á construción de vivendas de
promoción pública
§ Destínanse 4,8 millóns de euros ao desenvolvemento da Plataforma
Loxística de Salvaterra-As Neves
§ Destacan as partidas reservadas para as estacións intermodais da
provincia, con 1,34 millóns de euros consignados para Vigo e 0,8 millóns de
euros para Pontevedra
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará o vindeiro
ano algo máis de 104 millóns de euros a investimentos na provincia de
Pontevedra, o que supón un incremento de case 1 millón de euros con respecto
aos 103,3 millóns de euros consignados en 2017.
Desa forma, a Consellería de
Infraestruturas e Vivenda realizará o vindeiro ano un investimento ‘per capita’
de 110,1 euros o vindeiro ano na provincia de Pontevedra.
En concreto, os investimentos da
Axencia Galega de Infraestruturas na provincia superarán os 68,6 millóns de
euros o vindeiro ano.
A Autovía do Morrazo volve ser a
infraestrutura viaria que recibe un maior investimento da Xunta de Galicia, con
12,9 millóns de euros que permitirán a culminación e posta en servizo dos dous
primeiros treitos da infraestrutura e o avance do terceiro.
Ademais, resérvase unha partida de 2
millóns de euros para impulsar a vía de
altas prestacións entre Tui e A Guarda, así como un investimento de 1,3 millóns
de euros na rehabilitación da Ponte da Barca, en Pontevedra. Tamén na capital
da provincia consígnanse 0,5 millóns de euros para avanzar na Variante de Alba.
Outras partidas destacadas son, por
exemplo, a destinada ao impulso da prolongación da Autovía AG-59 entre Santiago
e A Estrada, con 1,2 millóns de euros que se complementan con 0,8 millóns
reservados á mesma vía na provincia da Coruña.
Ademais, a Axencia Galega de
Infraestruturas prevé investir 1,15 millóns de euros na reforma da estrada PO-234,
Augasantas-Pontecaldelas, e 1 millón de euros no acondicionamento da PO-546 en
Marín. Ademais, resérvanse 0,89 millóns de euros á mellora da PO-323 no
concello de Redondela.
O incremento dos fondos destinados a
Infraestruturas permitirá, así mesmo impulsar a mobilidade sustentable na
provincia de Pontevedra, con 4,12 millóns euros presupostados para avanzar na
execución do Plan de sendas de Galicia nas comarcas do Salnés (1,18M€),
Pontevedra (0,82M€), O Morrazo (1,18M€) e Vigo (0,94M€).
A Axencia Galega de Infraestruturas
realizará tamén un importante esforzo investidor na seguridade viaria, con 3,05
millóns de euros consignados a actuacións que se centrarán, en gran medida na
eliminación de treitos de concentración de accidentes. Ademais dedicánse 4,4
millóns de euros ao reforzo de firme das estradas autonómicas e 5,14 millóns á
vialidade invernal.
Vivenda e solo
Destacan tamén os investimentos
previstos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo na provincia de Pontevedra o
vindeiro ano, que chegan ata case 26 millóns de euros.
Un dos investimentos máis destacados
é o previsto no desenvolvemento da Plataforma loxística de Salvaterra-As Neves,
a Plisan, para a que se reservan 4,8
millóns de euros.
Así mesmo, destacan a previsión de
destinar 7,27 millóns de euros á rehabilitación de vivendas, con iniciativas
novidosas como o Programa Rexurbe, que consiste na adquisición e recuperación
de inmobles dos cascos históricos para destinalas posteriormente a vivenda
social.
Ademais, o Instituto Galego da Vivenda
e Solo eleva ata os 7,1 millóns de euros o investimento no desenvolvemento do
polígono residencial de San Paio de Navia, en Vigo, no que prevé culminar a
adquisición de solo e iniciar a execución da urbanización. Nesa mesma cidade, a
Xunta destinará 4 millóns de euros á construción de vivendas de promoción
pública na rúas Chantada e Ignacio Grobas.
Transporte público e impulso da intermodalidade
O orzamento da Dirección Xeral de
Mobilidade na provincia de Pontevedra elévase desde os 3,38 millóns de euros de
2017 a os 9,53 de 2018, en gran parte a consecuencia da posta en marcha da
primeira fase do Plan de transporte público de Galicia.
Ese orzamento permitirá destinar 2,6
millóns de euros ao funcionamento do Plan de transporte metropolitano de Vigo e
á activación na comarca de Pontevedra, estendendo a novos municipios as
vantaxes deste programa social que, ademais, permite que os menores de 19 anos
viaxen gratis no transporte interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’.
Así mesmo, destacan as partidas reservadas
para as estacións intermodais da provincia, con 1,34 millóns de euros
consignados para Vigo e 0,8 millóns de euros para Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario