A XUNTA ADXUDICA A REDACCIÓN DOS PROXECTOS DE CONSTRUCIÓN DE 13 NOVAS SENDAS PEONÍS E CICLISTAS NA COMARCA DE PONTEVEDRA, CUN INVESTIMENTO DUNS 3 MILLÓNS DE EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 29 de octubre de 2017

A XUNTA ADXUDICA A REDACCIÓN DOS PROXECTOS DE CONSTRUCIÓN DE 13 NOVAS SENDAS PEONÍS E CICLISTAS NA COMARCA DE PONTEVEDRA, CUN INVESTIMENTO DUNS 3 MILLÓNS DE EUROS


§  O contrato, adxudicado á empresa Ingeniería del Noroeste por un investimento de máis de 180.000 euros, terá un prazo de 12 meses para a súa redacción
§  Entre os itinerarios previstos están actuacións na PO-308 que, unidas aos treitos xa previstos no Plan do Salnés, permitirán executar 6,5 km de sendas peonís só no concello de Poio
§  Tamén se actúa sobre a PO-531, a estrada de Vilagarcía, ao recoller sendas en Sequeiros, A Devesa e O Freixo, uns proxectos coordinados coas restantes actuacións de seguridade viaria que se están a executar neses puntos
§  Estas actuacións están enmarcadas na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, co obxectivo de incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas, e promover a mobilidade  sustentable
§  Entre a 1ª e a 2ª fase do plan, desde a Xunta estase a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas de galegas, que suporán un investimento de preto de 37 millóns de euros

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar o contrato de servizo para a redacción dos proxectos de construción de 13 sendas peonís e ciclistas na comarca de Pontevedra e concellos limítrofes, nas que a Xunta inviste un orzamento duns 3 millóns de euros.

O contrato, adxudicado á empresa Ingeniería del Noroeste por un investimento de máis de 180.000 euros, terá un prazo de 12 meses para a súa redacción, coa fin de que os primeiros documentos estean redactados a comezos do vindeiro ano para iniciar a licitación das obras.

Estas obras, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. A continuación, detállanse as sendas proxectadas para esta comarca.
                              

Fontenla-Combarro, PO-308, Concello de Poio.
Combarro-Chancelas-Samieira, PO-308, Concello de Poio.
Portosanto, na PO-309 e en Tarrío, na PO-303, Concello de Poio.
O Freixo, na PO-531, no Concello de Pontevedra.
A Devesa-Bretoña, na PO-531, no Concello de Pontevedra.
A Piolla-O Couso-O Sobral, na PO-223, no Concello de Pontevedra.
Pazos, na PO-542, no Concello de Pontevedra.
Alba-San Caetano, na PO-225, no Concello de Pontevedra.


Plan de sendas de Galicia

Estas actuacións están enmarcadas na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que contempla sendas seguras e sustentables para as comarcas de Pontevedra, Ourense, O Morrazo e Lugo. Na primeira fase, que se puxo en marcha nas comarcas de A Coruña, Ferrol, Bergantiños, Santiago, Vigo, O Salnés e Chantada, xa se están a desenvolver as actuacións proxectadas.

Entre a 1ª e a 2ª fase do plan, desde a Xunta estase a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas de galegas, que suporán un investimento de preto de 37 millóns de euros.

Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

Trátase dun proxecto coordinado e froito do diálogo, porque na súa elaboración contouse coa opinión dos concellos, para determinar as actuacións máis necesarias e axeitadas en cada zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario