Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 24 de octubre de 2017

A DEPUTACION APROBA O EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE EVOLUCIÓN E XESTIÓN DA REDE SMARTPEME DE PONTEVEDRA




A través deste novo contrato, de máis dun millón de euros, amplíase o programa con novos servizos e unha oficina de asesoramento no Polígono de Barro-Meis

As novidades incorporadas a SmartPeme nos últimos meses supuxeron un incremento do 50% tanto nas demandas atendidas como na asistencia ás actividades de formación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, por procedemento aberto, do servizo de evolución e xestión da rede SmartPeme de Pontevedra por un importe de 1.315.000 euros (IVE engadido). A través deste novo contrato, a institución provincial porá en marcha un novo servizo de apoio ao sector turístico e outro para a mellora da competitividade empresarial, así como unha nova oficina de asesoramento para as persoas autónomas, emprendedoras e pemes no Polígono de Barro-Meis.
Máis polo miúdo, co servizo de apoio ao sector turístico preténdese apoiar ás persoas emprendedoras, autónomas e pemes do sector turístico no ámbito das TIC, asesorándoas e capacitándoas en novas habilidades de corte tecnolóxico tomando como referencia e guía o Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas. Amais, a través deste novo servizo de apoio ao sector turístico impulsaranse, amais, actividades formativas de alto impacto, un servizo de información e asesoramento personalizados na materia e un calendario de accións promocionais específicas.
En canto ao novo servizo de asesoramento para a mellora da competitividade empresarial, o obxectivo da institución provincial é impulsar a xestión, o asesoramento e a capacitación das persoas usuarias de SmartPeme en materia de crecemento, innovación e internacionalización empresarial.
Xunto a estes dous novos servizos que porá en marcha a Deputación de Pontevedra a través do novo contrato do servizo de evolución e xestión da rede SmartPeme na provincia, tamén se creará unha nova oficina de asesoramento no Polígono de Barro-Meis. Con esta nova oficina son xa sete (Pontevedra, Vigo, O Porriño, Lalín, Cambados, Ponteareas e Barro-Meis) as que están a funcionar ao longo da provincia de Pontevedra.
Amais, todas estas novidades que trae o contrato de SmartPeme implican a contatación de tres novas persoas asesoras: unha para a oficina de Barro-Meis, outra especializada en turismo e outra en competitividade, o que redundará nunha mellor atención das persoas autónomas e emprendedoras e pemes.
Nos últimos meses foron moitas as melloras que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha en SmartPeme. Así, impulsouse un asesoramento telemático, un kit de emprendedoras e emprendedores con ferramentas doadas e rápidas para cada unha das fases do proxecto empresarial, o servizo “SmartPeme Informa” (atención de temas de actualidade achegando información aos usuarios e usuarias do programa) e “SmartPeme Conecta”(rede de contacto entre persoas demandantes de produtos e empresas que teñen ese tipo de produtos). Novidades, todas elas, que supuxeron xa unha mellora notable en SmartPeme que, este último ano, experimentou un incremento de arredor do 50% tanto nas demandas atendidas como na asistencia ás actividades de formación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario