Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 15 de septiembre de 2018

ADOS SALIENTA O INCREMENTO DO 21% DE NOVOS DOADORES E DOADORAS DE MEDULA ÓSEA NA DATA DA CONMEMORACION DO SEU DÍA MUNDIAL






·         Galicia contabiliza xa unha cifra superior aos 11.000 cidadáns rexistrados no REDMO, segundo os datos da Organización Nacional de Transplantes

 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) súmase aos actos de conmemoración do Día Mundial do Doador de Medula Ósea que se celebra este sábado 15 de setembro e salienta que, a data do 31 de xullo, Galicia acadou un incremento do 21% no número de doadores e doadoras tipados, converténdose na cuarta Comunidade Autónoma española con maior incremento acumulado.

ADOS quere por en valor o papel fundamental que teñen os doadores e doadoras de medula ósea, imposible de obter de xeito artificial e que permite salvar a vida a moitos doentes. Así mesmo, destaca que, nos primeiros sete meses do presente ano, o número de doadores e doadoras de medula ósea en España incrementouse nun 12%, cifra que Galicia supera en nove puntos, e tan só Castilla-La Mancha, Canarias e Melilla rexistraron porcentaxes de crecemento superior.

ADOS é o centro de referencia en Galicia para a tipaxe dos doadores de medula ósea, integrados no Rexistro Español de Medula Ósea (REDMO). Segundo datos da Organización Nacional de Transplantes (ONT), Galicia ten experimentado unha excelente evolución, xa que, ata o 31 de xullo do presente exercicio, acumula 11.093 doadores e doadoras.

Plan nacional
En xaneiro do 2013, as Comunidades Autónomas e a ONT puxeron en marcha o denominado Plan Nacional de Medula Ósea, co obxectivo de acadar, no 2020, unha cifra superior aos 400.000 doadores. Na actualidade a cifra de doadores e doadoras de medula ósea en España achegase aos 378.000, polo que no presente ano está previsto superar a cifra marcada para o ano 2020. No caso de Galicia, a cifra anual de doadores e doadoras de medula ósea, establecida no antedito Plan Nacional, foi de 1.465 doadores anuais, cifra que supera desde o 2015.

Salientar o decidido compromiso da Consellería de Sanidade que, por medio de ADOS, facilita o acceso dos cidadáns a este tipo de doazón e continuar traballando dentro dos grupos multidisciplinares comprendidos dentro do novo Plan Nacional de Medula Ósea instituído para os anos 2018-2022.

Ademais, dende hai cinco anos, ADOS, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición dos cidadáns unha páxina web http://galicia.medulaosea.org, que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Lembrar que poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 40 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón


Obxectivo: concienciación
ADOS está a desenvolver diversas iniciativas destinadas a sensibilizar á poboación da importancia da doazón de medula ósea, facendo especial fincapé nos mais novos e novas. Deste xeito, no curso académico 2017-2018 desenvolveuse a terceira edición do Concurso Universitario de Curtametraxes sobre a Doazón e Transplante de Medula Ósea, que serán entregados a vindeira semana.

As curtametraxes gañadoras difundiranse na web ados.sergas.gal e nas redes sociais da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, así como no canle de YouTube de ADOS e ofrecen a visión, desde a perspectiva do colectivo universitario, sobre a importancia do solidario xesto da doazón de medula ósea.

Así mesmo, dentro dos actos de conmemoración do Día Mundial do Día Mundial do Doador de Medula Ósea, a Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI) instalará unha mesa informativa ao carón da unidade móbil de ADOS que visitará a viguesa Rúa Príncipe. Voluntarios de ADROVI informarán, desde as 10:00 ás 14:00 horas, aos cidadáns da importancia da doazón de medula ósea, así como doutros xeitos de doazón solidaria (sangue, órganos,....).

ADOS quere por en valor a figura de todos os doadores e doadoras de medula ósea, especialmente e nesta oportunidade co gallo da conmemoración do seu Día Mundial, xa que o seu xesto solidario contribúe ao restablecemento de moitos doentes. Así mesmo, convida aos cidadáns a informarse sobre este xeito especial de doazón na súa web: ados.sergas.gal, páxina que tamén recolle información sobre todos os xeitos de doazón altruísta que poden levarse a cabo no sistema público de saúde de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario