O proxecto ten por obxectivo impulsar as producións horto froiteiras e
apícolas de calidade en espazos protexidos da provincia
A Deputación de
Pontevedra informa de que o prazo para anotarse nos cursos a distancia do
proxecto “DepoVerde” estará aberto ata o 30 de setembro, polo tanto as persoas
interesadas en realizar calquera destas accións informativas a distancia
poderán facelo a través do correo electrónico depoverde@depo.es.
O obxectivo xeral desta
iniciativa é impulsar as producións hortofrutícolas e apícolas de calidade e
mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego. Ao abeiro
deste programa impartiranse accións formativas en relación a apicultura
sustentable e á hortofruticultura sustentable.
Máis polo miúdo, en
relación a apicultura sustentable abordaranse cuestións relacionadas coa
contextualización da zona de estudo, antecedentes da Apis mellifera, o proceso
producvo para a obtención do pole, cera, propóleos e xelea real, enfermidades e
pragas na apicultura, a produción apícola como motor económico en zonas
protexidas, produción apícola ecolóxica e xestión empresarial. A misión do
programa será capacitar aos interesados en levar a cabo a actividade apícola
sustentable en espazos protexidos e facer un uso máis eficiente dos recursos naturais.
No que respecta a
hortofruticultura sustentable vanse tratar temas relacionados coa
hortofruticultura na provincia de Pontevedra, o solo e a súa preparación,
operacións de cultivo de froitas e hortalizas, parásitos e xestión
fitosanitaria, os invernadoiros e a xestión da explotación hortofrutícula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario