A DEPUTACIÓN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA
PARTICIPAR NUNHA NOVA EDICIÓN DAS “DEPORTE ESCOLAS” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O programa da institución provincial,
que oferta actividades totalmente gratuítas, beneficiou durante o pasado curso
a máis de 10.000 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos
O luns 10 de setembro abriuse o prazo de inscrición para unha nova edición das
“DEPOrte Escolas”, o programa da Deputación de Pontevedra en colaboración con
federacións deportivas para promover a actividade física entre as nenas e nenos
en idade escolar a través de diferentes modalidades. Para este curso 2018/2019,
ao igual que o ano pasado, as actividades que ofertará de maneira totalmente
gratuíta son balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, atletismo
(marcha), piragüismo e baloncesto.
As
persoas interesadas en participar nas “DEPOrte Escolas” deberán cubrir a
solicitude de inscrición que poden atopar na páxina web da Deputación de
Pontevedra (https://www.depo.gal/deporte-escolas) e posteriormente entregala en
calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL, ou enviala a deportescolas@depo.es. O prazo de inscrición estará
aberto ata o vindeiro venres 28 de setembro e as actividades comezarán a partir
do 8 de outubro, no día e horario correspondente para cada escola.
Unha
vez finalizado o prazo de inscrición a relación das persoas admitidas
publicarase na web da institución provincial a semana seguinte á finalización
do prazo de inscrición. Tras a publicación, no caso de que existan prazas
libres, abrirase un segundo prazo de inscrición a partir do 15 de outubro que
non se pechará en todo o curso, sempre que queden prazas libres.
Para
este curso 2018/2019 haberá actividades en 51 concellos da provincia. Máis polo
miúdo, os concellos que durante esta temporada terán actividades das “DEPOrte
Escolas” serán Agolada, Arbo, A Guarda, A Cañiza, As Neves, A Illa de Arousa, Baiona,
Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo,
Crecente, Fornelos de Montes, Forcarei, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis,
Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponteareas,
Pontecesures, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo,
Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía
de Arousa, Vilanova de Arousa, Vila de Cruces e Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario