Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 23 de septiembre de 2018

CONTINÚA ABERTA A SOLICITUDE DE PRAZAS PARA OS CURSOS A DISTANCIA DE PROTURA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA





O proxecto ten por obxectivo mellorar o coñecemento e a formación dos profesionais do sector turístico en materia de turismo rural sustentable

A Deputación de Pontevedra informa de que o prazo para anotarse nos cursos a distancia do proxecto “Protura” estará aberto ata o 19 de outubro, polo tanto as persoas interesadas en realizar calquera das accións informativas a distancia poderán facelo a través do correo electrónico protura@depo.es

O obxectivo xeral desta iniciativa é mellorar o coñecemento e formar a profesionais do sector turístico en materia de turismo rural sustentable. Para isto, o proxecto basearase en accións formativas a distancia que pretenden achegar ás persoas profesionais do sector turístico estratexias e ferramentas para mellorar a sustentabilidade do destino, analizando as diferentes acreditacións dispoñibles e dando exemplos de boas prácticas.

Máis polo miúdo, nesta formación abordaranse cuestións relacionadas co concepto de sustentabilidade, os impactos do turismo e a relación entre o turismo e o medio ambiente, a sustentabilidade no sector turístico, a xestión das empresas turísticas e as claves e características do turismo sustentable, as axudas e subvencións así como as acreditacións e aspectos legais, as características socioeconómicas das zonas obxectivo, o potencial endóxeno dos recursos das zonas obxectivo e a identificación dos produtos máis relevantes desas zonas e exemplos de boas prácticas de sustentabilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario