·
A entidade deportiva e ADOS desenvolveron iniciativas conxuntas
destinadas a fomentar este xesto solidario e fomentar a súa participación
A campaña “Ti dás o tipo”
desenvolvida a pasada semana polo Pontevedra CF e a Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS) acadou a participación de 122 cidadáns, dos cales 11
eran persoas que doaban por vez primeira. Grazas a estas doazóns será posible
levar a cabo, por exemplo, 61 intervencións cirúrxicas, realizar tres
transplantes de fígado ou atender a 25 enfermos oncolóxicos.
ADOS quere
por de manifesto o seu recoñecemento a todos os cidadáns que participaron a
pasada semana nesta campaña e, moi especialmente, a todos os membros do
Pontevedra CF (directiva, xogadores, corpo técnico, seareiros e seareiras...)
polo seu compromiso con desenvolvemento de iniciativas destinadas a promover a
doazón de sangue.
Promovendo a participación
Entre as
iniciativas promovidas polo Pontevedra CF con ADOS, salientar que todas as
persoas que acudiron a doar a pasada semana ata a unidade móbil ou o local de doazón de ADOS en
Pontevedra recibiron unha camiseta co lema “Ti dás o tipo” e o logotipo do
Pontevedra CF, como agasallo pola súa colaboración.
Así mesmo,
xogadores do Pontevedra CF e membros da directiva e do corpo técnico quixeron
saudar persoalmente a todos os doadores e doadoras e animaron á súa afección a
ser solidarios e solidarias e doar sangue durante esta campaña pero tamén en
calquera dos 365 días do ano, dado que este xesto solidario é imprescindible
para o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros
sanitarios.
Cidade
solidaria
Desde ADOS,
salientase o carácter solidario dos cidadáns de Pontevedra que, no pasado 2016,
realizaron 3.770 doazóns, cifra que supuxo obter nunha taxa de 46 doazóns por
cada 1.000 habitantes e ano, índice cinco puntos por riba da media galega. Non
obstante, lembra que a doazón, esixe dun compromiso constante xa que, todos os
días do ano, necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir as
necesidades dos nosos hospitais.
A Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue quere por de manifesto a importancia da colaboración de
colectivos e institucións de todos os ámbitos para acadar unha conciencia
solidaria proclive á doazón de sangue como, nesta ocasión, impulsou o
Pontevedra CF, xa que poden unir os positivos valores do mundo do deporte á
nosa mensaxe e transmitila con moita maior proximidade por ter un amplo calado
social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario