- Nesta 6ª edición "Nadal Solidario en Barro" preténdese recoller e superar a media tonelada do ano pasado.
- Establéceranse varios puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como centros públicos, locais comerciais ou hosteleiros
- Colaboraran na actividade como tódolos anos varias empresas locais e supermecados da localidade
- Colaboran tamén na actividade @s locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.
- O vindeiro día mes de Xaneiro de 2017 pecharase esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se pretenden recoller alimentos como cacao, azucre ou aceite.
A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, está organizando un novo "Nadal Solidario en Barro" na súa 6ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.
Esta campaña desenrolase durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2018, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.
Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar a media tonelada recollida o ano pasado.
Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.
Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.
http://pontevedraviva.com/xeral/42017/desfile-barrofashion-solidario-pechara-sexto-nadal-solidario-barro/
No hay comentarios:
Publicar un comentario