§ O director de Augas de Galicia recorda recorda que a
alerta declárase tendo en conta distintos parámetros entre os que se inclúen as
previsión meteorolóxicas, os niveis de encoros, a situación hidrolóxica
§ Roberto Rodríguez indica que será a Oficina Técnica da
Seca a que analizará a situación, coa totalidade dos datos recollidos sobre o
comportamento hídrico destas xornadas, para determinar os novos pasos ou
medidas
§ Recorda que Galicia empezou un ano hidrolóxico e un
outono moi seco, polo que é imprescindible continuar facendo un uso responsable
dos recursos para ampliar a súa garantía con independencia do data na que se
presenten as posibles incidencias
O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, trasladou
esta mañá que é necesario manter a situación de alerta porque os ríos galegos
aínda non acadaron valores de normalidade propios desta época do ano, é dicir,
é preciso que a suba dos caudais base dos ríos se consolide. Así o puxo de
manifesto esta mañá na reunión de coordinación cos concellos do sistema 4, a
Conca do Umia, na que se atopan os concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis,
Barro, Moraña, Forcarei, Cuntis, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Vilanova
de Arousa, A Illa, Cambados, Ribadumia e Portas.
O director de Augas de Galicia aclarou que a
situación actual é propia dunha seca hidrolóxica, que levou a declarar a prealerta
e posteriormente alerta, debido ao baixo caudal circulante dos ríos da Conca
Hidrolóxica Galicia- Costa e non tanto pola situación do abastecemento, que
estivo garantido dado que o prioritario e primeiro, tal e como recollen
diversas normativas e o propio Plan Hidrolóxico da conca.
De aí que incidise en que as choivas
rexistradas nas últimas xornadas pola chegada da borrasca Ana provocaron un
cambio puntual nalgunhas zonas, e sobre todo no que se refire a garantía de
subministro, pero hai que esperar a que esta situación se estabilice. Os
encoros de abastecemento están (dato do 11 de decembro) ao 55,44% da súa
ocupación, fronte ao 41,91% que rexistraba a semana anterior ; pero non acadan
o 69,07% que rexistraban o pasado ano.
Precisou que para mudar a seca hidrolóxica
que padece toda a Comunidade requirirá de máis tempo, máis recarga e manter o
consumo responsable; aínda que na situación actual toda a choiva é benvida e é
importante que haxa continuidade. Afirmou que sería “un grave erro” pensar que polo
avance dunha borrasca, a situación da seca cesou. É necesario continuidade,
afirmou.
O director de Augas de Galicia adiantou que
será a reunión da Oficina Técnica da Seca, na súa reunión do vindeiro luns, a
que analizará a situación con toda a información relativa ás últimas xornadas
(estado dos encoros e comportamento da rede de aforos) e ás previsións máis
inmediatas, para determinar as novas medidas e pasos necesarios; xa que se ben
é certo que estas choivas tan intensas, a nivel de almacenamento de auga nos
encoros, si que ten unha repercusión inmediata; o importante é analizar como
incide na recarga dos acuíferos e dos ríos, para que se recupere o sistema
pouco a pouco. Explicou que
Por último, Roberto Rodríguez recordou que o
inicio do ano hidrolóxico e o outono están a ser períodos moi secos, polo que –
a pesar das precipitacións rexistradas- é importante incidir na necesidade de
concienciar á poboación sobre a importancia de realizar un consumo responsable
da auga, así como manter medidas restritivas de usos non esenciais. Destacou
que hai que mudar a sensación de Galicia non pode rexistrar as incidencias
propias dunha terra de seca, pois xa estamos a notar algunhas consecuencias se
non se fai un uso responsable dos recursos hídricos.
Colaboración cos concellos
Na reunión celebrada esta mañá, o director de
Augas de Galicia solicitou colaboración aos concellos do sistema 4, dado o
papel fundamental na xestión dos recursos dispoñibles, para o que e necesario
analizar que usos non son prioritarios e coordinar a adopción de medidas.
Para tomar decisións “é necesario contar coa
información detallada sobre os usos e consumos de cada concello e así fixar as
medidas necesarias e efectivas, que poden ser adoptadas por todos os concellos
do sistema ou e específicas, fixadas en función do consumo dos distintos usos
de cada concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario