§ O Diario Oficial de Galicia vén de
publicar a orde pola que se establece a posibilidade de solicitar o pago
adiantado
§ Esta iniciativa responde á constatación
de que existen persoas que non poden iniciar as obras de reparación das
vivendas por non contar con recursos para as primeiras actuacións ou pola
dificultade para acceder a liñas de préstamos
Os beneficiarios das axudas destinadas a sufragar
os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios que
se produciron en Galicia durante o mes de outubro, poderán solicitar pagamentos
anticipados de ata o 25 % do importe da subvención concedida.
O Diario Oficial de Galicia vén de
publicar a orde pola que se establece a posibilidade de solicitar o pago
adiantado. Isto responde á constatación de que entre os damnificados existen
persoas que non poden iniciar as obras de reparación das súas vivendas por non
contar con recursos para facer as primeiras actuacións ou pola dificultade para
acceder a liñas de préstamos para o seu financiamento.
Co obxectivo de arraxar estas dificultades
regúlase a posibilidade de cobrar por adiantado ata o 25 por cento do importe
da subvención, xa que a orde que regula estas axudas establece que se pagarán
unha vez realizadas as obras.
Os interesados deberán presentar
solicitude ante a Xunta, concretamente ante o Instituto Galego da Vivenda e
Solo (IGVS), no modelo que acompaña á Orde publicada no Diario Oficial de
Galicia. Neste enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/EZSX8T
No hay comentarios:
Publicar un comentario