- As unidades móbiles de ADOS visitarán a presente semana 25 concellos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar sangue nas xornadas previas á primeira ponte festiva do mes de decembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns dos tipos A Negativo, B Positivo e Cero Negativo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos. Neste sentido, lembrar, ademais, a importancia da necesidade de incrementar nos vindeiros días o número de doazóns do grupo Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal.
Os períodos vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano, precisamos entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir a axeitada de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ata o vindeiro 9 de decembro, ao redor de 25 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.
ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Luns 4 de decembro
|
Arteixo, Carballo, Narón, Porto do Son, Praza Roja (Santiago), Burela, Barrio de Mariñamansa (Ourense), Caldas de Reis, Cangas do Morrazo e Meis
|
Martes 5 de decembro
|
Arteixo, Carballo, Narón, Sigüeiro (Oroso), Praza Roja (Santiago), Ribadeo, A Valenzá (Barbadás), Zona do Calvario e Barrio Teis (Vigo) e Vilagarcía de Arousa
|
Xoves 7 de decembro
|
Cantón-Obelisco (A Coruña), Betanzos, Noia, Pobra do Caramiñal, Pontedeume, Viveiro, O Carballiño, A Guarda, Zona Coia (Vigo) e Vilagarcía de Arousa
|
Sábado 9 de decembro
|
Cantón-Obelisco (A Coruña), Noia, Praza Maior (Lugo), A Guarda e Vilagarcía de Arousa
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Como colaborar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook e Twitter), unha páxina web: ados.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828
No hay comentarios:
Publicar un comentario