§ Na reunión celebrada esta mañá analizaron a situación
dos ríos, tras o paso da borrasca Ana, cuxas chuvias reportaron unha recuperación
dun 30% do caudal circulante
§ A previsión meteorolóxica, outro factor a ter en conta
para manter a seca, indica que nos se esperan novas precipitacións ata despois
do Nadal, cando se desprace o anticlón
§ Tamén se apreciou unha mellora dos embalses de abastecemento
cunha media de case 66% debido ao dato de Eiras; pero sen telo en conta os
embalses están ao 52%, mentres que a media histórica dos últimos 10 ano sitúase
nun 68%
§ A Oficina Técnica da Seca, que incide no chamamento a
facer un consumo responsable da auga e reducir o seu consumo, reunirase
novamente a principios de xaneiro para valorar a situación
A Oficina Técnica da Seca propuxo
esta mañá manter a declaración de alerta por seca en toda a Demarcación
Hidrográfica Galicia- Costa, debido a que o caudal circulante dos ríos aínda se
atopa a un 52% por debaixo do caudal histórico propio desta época.
Esta é unha
das principais conclusións á que se chegou esta mañá na reunión da Oficina
Técnica da Seca, presidida polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez
Martínez, na que se analizou a situación dos recursos hídricos da Demarcación
Galicia- Costa. Os técnicos concluíron que, con carácter xeral, apréciase unha
recuperación dos caudais circulantes dos ríos de Galicia-Costa dun 30% respecto
dos caudais que levaban os días previos á borrasca Ana.
A pesar
desta subida xeral, os ríos da demarcación seguen un 52% por baixo do caudal
que historicamente circula de media nesta época do ano; e indicaron que é
posible que baixen nos próximos días, pois aínda se está a producir a
estabilizacións dos mesmos, despois das chuvias da semana pasada. As concas do
sur da Demarcación (Pontevedra) e do noroeste (a Mariña lucense) foi onde se
notou unha maior melloría, aínda que a borrasca beneficiou a todas as concas da
demarcación.
Indicaron
que tamén se aprecia unha suba nalgúns dos pozos piezométricos que Augas teñen
distribuídos pola Demarcación para valorar o nivel das augas subterráneas, que
se poden considerar leves ou imperceptibles nalgunhas zonas.
En relación
coa situación dos embalses, estes tamén melloraron e a media sitúase no 65,9%,
empuxada principalmente polo enchido do encoro de Eiras (ao ser o máis grande
dos existentes inflúe bastante no dato medio).
A OTS recoñece
a melloría en xeral, pero a situación segue lonxe da situación de normalidade,
e a modo de exemplo expuxeron os datos dos encoros de Forcadas (que abastece á
area metropolitano de Ferrol) e Cecebre (abastece a área metropolitana da
Coruña), que están un 20% por baixo do normal e mesmo no sur, Zamáns, atópase
ao 40% por baixo do normal ou Baiona, un 50% por baixo tamén do normal.
De feito,
indicaron que se non se contabiliza a situación de Eiras para o cálculo da
media de ocupación, o resto de embalses
de abastecemento é de 51,9 %, un dato moi lonxe da media histórica dos últimos
10 anos, un 68%.
Á vista
desta situación é necesario manter a situación de alerta, un decisión que tamén
está avalado tendo en conta a predición meteorolóxica para as vindeiros días,
que prevén unha semana seca, sen previsión de novas precipitacións ata despois
da xornada da festividade do Nadal, día no que se prevé o desprazamento do
anticiclón. Por tal motivo, desde a OTS, que volverá a analizar a situación a
principios de xaneiro, inciden na necesidade de reducir o consumo de auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario