§
Asegura que a Xunta entendeu desde o principio que había moitas razóns
para contribuír en todo o que fose posible para sacar o proxecto do estadio
adiante
§
Fai fincapé en que as administracións teñen o deber de facilitarlle ao
club unhas instalacións da súa categoría
§
Destaca que tamén está desbloqueado o outro gran pilar para o club, que
é a nova cidade deportiva en Mos
Vigo, 15 de decembro de 2017.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrou hoxe a súa
satisfacción por que o Celta siga sendo un digno embaixador de Vigo e do
conxunto de Galicia.
Así o defendeu o titular do Goberno galego
durante a súa intervención no acto Xuntos
construímos o futuro, organizado polo R.C. Celta de Vigo, onde fixo fincapé
en que os símbolos hai que protexelos e o Celta é un símbolo de Vigo e tamén
máis alá desta cidade.
Por iso, asegurou que a Xunta entendeu desde
o principio que había moitas razóns para contribuír en todo o que fose posible
para sacar o novo proxecto do estadio adiante. Como lembrou, non foi doado
porque a realidade é que, nun concello co planeamento municipal tombado pola
Xustiza desde 2015 e sen outro alternativo polo momento, determinados proxectos
urbanísticos resultan máis complexos.
Neste sentido, recordou que, o camiño legal
para superar os escollos derivados da ausencia dun planeamento municipal e
poder apoiar o novo Balaídos o tiña trazado a Xunta desde que o pasado ano aprobou
a Lei de medidas en materia de proxectos públicos urxentes ou de especial
interese, que tamén permitiu desatascar varias infraestruturas chave para Vigo,
como a ampliación das instalacións de Citroën ou a futura estación intermodal.
Ao fío disto, Feijóo fixo fincapé en que as administracións
teñen o deber de facilitarlle ao Celta, que é un club de primeira, unhas instalacións
da súa mesma categoría. Neste senso, indicou que o Celta sempre tivo o
compromiso da Xunta de garantir que poida manter o seu arraigo
en Vigo e poida seguir xogando no mesmo estadio que desfruta as súas vitorias
desde 1928, aseverou o presidente da Xunta, para logo
salientar que a Xunta garantiu sempre que cumprirá a parte que lle corresponde
e, en canto sexa preciso, acelerará e validará os usos urbanísticos para que a
reforma de Balaídos sexa unha realidade o antes posible.
Así mesmo, fixo fincapé en que tamén está
desbloqueado o outro gran pilar para o club, que é a nova cidade deportiva en
Mos. Supón un paso máis na construción do Gran Vigo, que transcende á cidade.
Para finalizar, subliñou a importancia de que
todos, Celta, Xunta, Concello de Vigo e Concello de Mos, fosen quen de poñerse
de acordo e de traballar para, en conxunto, poñer en marcha este proxecto de
futuro para o Celta, para Vigo e a súa área e para Galicia.
SAÚDOS,
COMUNICACIÓN
DA XUNTA DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario